logo sustentas

logo sustentas

sábado, 22 de febrero de 2014

VALORACIÓN DA CAMPAÑA-MES DE FEBREIRO. BENVIDA A 1ºPRIM

Son xa 2 meses enteiros coa campaña en marcha e a valoración que podemos facer polo de agora é moi positiva. A sensación é que todos saben que hai algo instaurado no centro que permite reciclar e todos están colaborando moito, tanto persoal docente como non docente.
A peor é a de móbiles (o cal era de supoñer) porque aínda non se recolleu ningún. 
A recollida selectiva e a campaña de aforro enerxético son as que está a costar máis introducir na rutina dos rapaces e rapazas. A separación plástico-papel non está lograda na súa totalidade pero seguimos insistindo. As ventás e portas non se pechan sempre que a calefacción está acesa. Non se apagan as luces cando se quedan as aulas sen alumnos...
Pero as demáis son positivas:
  • Os cartuchos. Moi ben. recolléronse bastantes unidades, cando outros anos xa levábamos facendo o mesmo e case que non había ningunha recollida, sinal de que está aproveitando a inercia da campaña.
  • Os clakis. Tamén moi ben. Non tanto polo volume total de recollida de aceite (que xa funcionaba moi ben ata o de agora), senón porque en secundaria estanse traendo clakis, situación que en anos anteriores non se producía.
  • As pilas. Excelente. Son moitos quilos e de moitos tipos os que se están a recoller.
  • A mellor sen dúbida: A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS. Está sendo un éxito absoluto. Todo o mundo está colaborando e o alumnado está traendo un volume incrible de unidades. É unha campaña doada de seguir, os tapóns están por todas partes e ao alumno resúltanlle moi próximos. O feito de que puxeramos no colexio os instrumentos para completar a súa recollida foi a causa de que agora todo o mundo pregunte onde se botan os tapóns ;-). Por iso non é de estrañar ver os arcóns dos PLIs deste xeito

Agora remata febreiro e xa veremos máis polo miudo a campaña en números, aínda que xa sabedes que na ESO as clases de 1ºB e 2ºB están que se saen.
Aproveitamos para felicitar tamén a 1º PRIM, a clase de Mª José Vidal, que hai pouco se incorporou significativamente á campaña coa recollida de 4 kg de tapóns, medio kg de pilas e 2 cartuchos de tinta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario