logo sustentas

logo sustentas

viernes, 23 de junio de 2017

PREMIO FINAL PARA ETAPA DE SECUNDARIA

Como soe ser tradición despedimos a campaña 2016-17 coa saída que lle organizamos aos gañadores en secundaria.
Como este ano a cousa foi moi parella entre 3 clases decidimos levar ás tres (2ºA, 2ºB e 3ºB) a gozar dunha mañá de xogo e diversión na remodelada piscina municipal de San Sadurniño.
Un marco espectacular para despedir outro ano máis colaborando coa reciclaxe.
Aquí vos deixo varias imaxes que dan fe do bo ambiente que gozamos na mañá do xoves 22 de xuño.
Noraboa aos gañadores e ide cargando "pilas" para o ano que vén.





ENTREGA DE PREMIOS EN INFANTIL

Una xornada preciosa o día que se lle entregou aos nenos e nenas de infantil o seu premio por participar tan activamente na campaña da reciclaxe.
Subiron ao podio para recoller a súa medalla de CHOCOLATE e recibiron os aplausos de compañeiros, profes, pais, nais...
Aquí os podedes ver todos cheos de razón, ja ja





A expectación creada foi enorme ;-)

ULTIMAS ACCIÓNS EN INFANTIL

Remata o curso e onde se detectou máis actividade foi na etapa de infantil. A verdade é que coa excusa da reciclaxe sempre que poden programar actividades relacionadas que permitan traballar o cálculo, as habilidades artísticas e plásticas...
Aquí vos deixamos algunhas mostras en imaxes para que o comprobedes






OS CAMPIÓNS DE PRIMARIA

A clase de María José Vidal (2ºA) foi moi constante ao longo de todo o curso e ao final proclamouse campiona absoluta na etapa de primaria.
Parabéns a todos eles.




domingo, 11 de junio de 2017

RESULTADOS FINAIS DA CAMPAÑA

Rematamos outro curso máis coa campaña de reciclaxe no centro.
Como autocrítica podemos apuntar que caemos un pouco na rutina e perdeuse un pouco de entusiasmo na recollida.
Non obstante algunhas clases seguiron a participar con moito interese e grazas a eles mantivemos un volume de recollida de material moi salientable.

Entre o achegados nesas clases e as entradas de material externas podemos redondear os números e dicir que:
-En TAPÓNS seguimos a un nivel espectacular, con preto de 1 TONELADA RECOLLIDA.
-En PILAS chegamos a uns 70 kg. 
-En CARTUCHOS, uns 50.
-E finalmente en ACEITE USADO DE COCIÑA, coa incorporación de novos recipientes CLAKIS na parte final da campaña, chegamos a uns 250kg, o cal está moi ben tendo en conta as circunstancias.

Os gañadores esta campaña 2016-2017 son os seguintes:
-Toda a etapa de infantil polo súa responta continua durante todo o ano-
-A clase de 2ºA de PRIMARIA por ser a que levou un reconto máis constante.
-As clases de 2ºA, 2ºB e 3ºB EN SECUNDARIA, polas súas importantes achegas, principalmente de tapóns.

Noraboa a todos eles e ánimos para seguir con esta liña durante o curso que vén.

martes, 6 de junio de 2017

RAP DA RECICLAXE

Este curso contamos coa colaboración especial de Clara, a profesora de música, que creou xunto cun rupo de alumnos e alumnas de 2ºESO un rap específico para a nosa campaña. A verdade é que non quedou nada mal. Botádelle unha ollada, ao mellor ata vos marcades uns pasos ;-)



Grazas a todos os que colaborastes por darlle un punto diferente á campaña.