logo sustentas

logo sustentas

viernes, 19 de junio de 2015

CELEBRAMOS O PREMIO COS GAÑADORES NA ESO

Neste 2º ano de campaña de reciclaxe no centro, dentro do programa de Sustentabilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia, o gañador absoluto na ESO foi a clase de 1ºB polo seu volume de recollida, a súa participación no blog "etisustentas" e a súas respostas nos retos de investigación propostos. En segunda posición quedou a clase de 1ºA. Polo tanto hora era xa de que recibiran o premio correspondente a tan edificante labor.
Por iso vivimos con eles, o mércores 17, unha xornada lúdico-festiva na que percorremos os montes de Narahío por preciosos roteiros que nos fixeron gozar da fermosa paisaxe que rodea ao famoso Castelo, e nos levaron á área recreativa da Cobeluda, onde, cansos de andar baixo un sol de xustiza, se puideron refrescar na súa piscina natural, para rematar repoñendo forzas cunha churrascada onde se "puxeron as botas".
Vivimos unha bonita xornada de convivencia nun entorno precioso que reforza a nosa convicción de coidar o medio ambiente traballando ano tras ano en campañas como estas...parabéns a todos os participantes nela, son só aos gañadores.

Aquí vemos ao grupo empezando a xornada

 

En pouco tempo chegamos ás inmediacións do Castelo, onde puidemos inmortalizar o momento nunha fermosa fotografía



A ruta endurecíase por momentos, sobre todo a baixada á central hidroeléctrica...



Pero finalmente chegamos, algo cansos pero contentos á zona recreativa.

Había que inmortalizar o momento coa FOTO OFICIAL dos gañadores da campaña. Aquí a tedes

jueves, 18 de junio de 2015

RESULTADOS FINAIS

Por fin temos resultados finais de recollida na campaña.
Neste último trimestre a cousa relaxouse un pouco e salvo algunha clase en concreto, a cabeza parece que non estaba nos tapóns ou nas pilas...
Aquí tedes un cadro resumo en infantil e primaria

 e na ESO obtivéronse os seguintes resultados

Se xuntamos agora todo o acumulado ata o de agora con estes datos POR FIN obtemos os resultados GLOBAIS:



Que nos permite concluir que o maior éxito desta campaña estivo nos TAPÓNS, e que a clase gañadora, sen dúbida algunha foi a de 1ºB, seguida a certa distancia pola de 1ºA.

Tamén hai que volver a facer fincapé en que este son os resultados da recollida de cada clase, pero na realidade reciclouse moito máis porque moitas entradas de material introducíronse directamente nos PLIs. Así, en tapóns, podemos asegurar que recollemos case outros tantos coma os alumnos, estimamos que puidemos chegar a 1,2 toneladas ¡¡¡¡TONELADAS¡¡ xa só de usar esta palabra dá algo de vértigo, porque non vos podedes imaxinar que volume de tapóns representa todo iso...
así é que parece que estiveramos inundados de tapóns todo o ano ;-)

Outra importante conclusión é que o noso recipiente-icono: o claki é fundamental para incentivar a recollida de aceite usado. desde que tivemos o incidente no que perdemos moitas unidades destes recipientes, a recollida perdeu intensidade, no sendo comparable á o ano pasado.
Ao final recolleuse un 60% máis de tapóns pero un 50% menos de pilas, un 35% menos de cartuchos e un 65% menos de clakis, que o ano pasado.