logo sustentas

logo sustentas

viernes, 15 de marzo de 2019

miércoles, 13 de febrero de 2019

jueves, 6 de diciembre de 2018

RETO DO MES DE DECEMBRO


Aquí está o novo reto mensual desta campaña, que parece que está a ter bastantes seguidores. Este ano a cousa está moi "reñida" entre varias clases.
Pois nada, se queredes seguir sumando puntos, facede clic aquí.

martes, 30 de octubre de 2018

NOVO RETO MENSUAL


Xa temos aquí o 2º dos retos desta campaña...que parece que este ano si que hai certo interese en completalos...pois non será daquela por non haber material para traballar ;-)
Pincha aquí para ter a segunda entrega.

miércoles, 10 de octubre de 2018

EMPEZAMOS COS RETOS DA CAMPAÑA



Ahí vos vai o primeiro reto da campaña 2018-19. A ver se dades coas respostas a todas as preguntas encadeadas e as enviades ao coordinador para gañar puntos e optar ao premio final.
Clica aquí para velo.

INICIO CAMPAÑA 2018-19

Outro ano máis tentaremos seguir nesta inercia de recollida selectiva e reciclaxe que empezamos hai uns cantos anos. Benvidos todos ao novo curso.



lunes, 25 de junio de 2018

PREMIOS PARA CLASES MÁIS ACTIVAS

Vistos os resultados quedou claro que este ano os que maior empeño puxeron foron o grupo de infantil e as clases de 1ºB e 4ºB.
Na despedida de curso así o celebraron. Os de infantil levaron a súa medalla de chocolate e os de primeiro e cuarto o seu boli de catro cores.
Parabéns a todos eles, no é tanto o premio como o esforzo que supuxo conseguilo..¡bravo!










jueves, 14 de junio de 2018

RESULTADOS DEFINITIVOS

Na anterior entrada podíades ver os resutados aproximados de recollida en cada clase. non obstante o volume total é moio maior porque hai outras vías de entrada me material de refugallo no colexio, sobre todo en tapóns.
Neste senso, tendo en conta todas estas achegas, podemos estimar que acadamos os seguintes valores:

-TAPÓNS: preto de 500 kg 
-PILAS: uns 125 kg
-CARTUCHOS: Uns 150 entre cartuchos e toners
-CLAKIS DE ACEITE USADO: uns 50.

Isto supón un notable descenso en tapóns e clakis respecto ao ano pasado. 
En todo caso sempre son bos resultados porque é o noso grao de area particular a esta idea de sustentabilidade que intentamos inculcar no alumnado.

RESULTADOS GLOBAIS 2017-18

Isto remata por este ano. A valoración, coma sempre, é positiva, porque seguimos traballando a recollida. Sendo críticos poderíamos dicir que segue funcionando mellor en cursos baixos. Na ESO hai xa bastante desidia a este respecto. Nisto teremos que seguir incidindo para mellorar. De todos os xeitos, parabéns a todos, porque entre todos isto segue adiante.
A noraboa máis especial para os de INFANTIL que traballan e desfrutan traballando coa reciclaxe. A nivel primaria, ás clases de MARÍA JOSÉ VIDAL (1º PRIM-B e CRIS CASAL (4º PRIM-B) que se pode dicir que acadaron un empate técnico na recollida. E xa na ESO á clase de VANESA (2ºESO), que apenas tivo contrincantes nesta pseudocompetición de recollida ;-)



RESULTADOS TERCEIRO TRIMESTRE CAMPAÑA 2017-18

Aquí vos deixo a táboa de resultados do último trimestre..