logo sustentas

logo sustentas

lunes, 25 de junio de 2018

PREMIOS PARA CLASES MÁIS ACTIVAS

Vistos os resultados quedou claro que este ano os que maior empeño puxeron foron o grupo de infantil e as clases de 1ºB e 4ºB.
Na despedida de curso así o celebraron. Os de infantil levaron a súa medalla de chocolate e os de primeiro e cuarto o seu boli de catro cores.
Parabéns a todos eles, no é tanto o premio como o esforzo que supuxo conseguilo..¡bravo!










jueves, 14 de junio de 2018

RESULTADOS DEFINITIVOS

Na anterior entrada podíades ver os resutados aproximados de recollida en cada clase. non obstante o volume total é moio maior porque hai outras vías de entrada me material de refugallo no colexio, sobre todo en tapóns.
Neste senso, tendo en conta todas estas achegas, podemos estimar que acadamos os seguintes valores:

-TAPÓNS: preto de 500 kg 
-PILAS: uns 125 kg
-CARTUCHOS: Uns 150 entre cartuchos e toners
-CLAKIS DE ACEITE USADO: uns 50.

Isto supón un notable descenso en tapóns e clakis respecto ao ano pasado. 
En todo caso sempre son bos resultados porque é o noso grao de area particular a esta idea de sustentabilidade que intentamos inculcar no alumnado.

RESULTADOS GLOBAIS 2017-18

Isto remata por este ano. A valoración, coma sempre, é positiva, porque seguimos traballando a recollida. Sendo críticos poderíamos dicir que segue funcionando mellor en cursos baixos. Na ESO hai xa bastante desidia a este respecto. Nisto teremos que seguir incidindo para mellorar. De todos os xeitos, parabéns a todos, porque entre todos isto segue adiante.
A noraboa máis especial para os de INFANTIL que traballan e desfrutan traballando coa reciclaxe. A nivel primaria, ás clases de MARÍA JOSÉ VIDAL (1º PRIM-B e CRIS CASAL (4º PRIM-B) que se pode dicir que acadaron un empate técnico na recollida. E xa na ESO á clase de VANESA (2ºESO), que apenas tivo contrincantes nesta pseudocompetición de recollida ;-)



RESULTADOS TERCEIRO TRIMESTRE CAMPAÑA 2017-18

Aquí vos deixo a táboa de resultados do último trimestre..


PREMIO PARA OS E INFANTIL

Como cada ano traballamos a reciclaxe nas distintas etapas educativas. Os resultados que vos amosamos na seguinte entrada son claros: este ano hai que felicitar especialmente aos nenos de infantil que fixeron moitas cousas arredor deste tema. 
Como premio..una medalla de chocolate ¡¡¡que lles gosta moito!!!

OS DE 6º INFANTIL NON PARAN...

Hai que recoñecer que este ano a Maestra Isabel Seijas tomou a dianteira e vai lanzada...e os seus nenos e nenas están aprendendo un montón co gallo da reciclaxe.
Non só aprenderon matemáticas ou anatomía...tamén construiron unha caixa de cartón reciclada para facer de astronautas, coa carcasa do tipex construiron un foguete, aproveitaron unha bandexa de cartón da froita para un xogo de ABN, con follas de árbores e bolsas de plástico simularon partes do corpo, con botellas de plástico e tapóns fixeron unha máquina de sumar e con tapóns ata lograron que chovera...ja ja ¡¡¡vaia imaxinación que teñen!!!
aquí vos deixo probas gráficas , bravo rapaces¡¡¡