logo sustentas

logo sustentas

viernes, 31 de enero de 2014

RESULTADOS DE XANEIRO

Xa temos a maior parte dos resultados do mes de xaneiro.
Unha análise rápida permítenos comprobar que en primaria a cousa non vai tan ben como pensabamos, pero seguro que remontan;-)
Algunhas clases aínda non recolleron datos... pero hainos. Actualizarémolos no seu momento. Algunhas de infantil están esperando a conectar co currículo no momento axeitado pero tamén acabarán meténdose no tema. E o que parece máis claro que hai dous "cabalos" que se adiantan na carreira e xa lle sacan máis dun corpo de vantaxe aos demáis: son as clases de 1ºB e 2º B de ESO. ¡Tremendos¡ non paran de traer pilas e tapóns.
¡BRAVO¡

SOPA DE PLÁSTICOS e A VIAXE DO LIXO

Neste documental de "el escarabajo verde" nos explican moi ben as consecuencias de non facer a recollida selectiva de plásticos.



Neste outro documental nos falan da problemática dos residuos sólidos urbáns. Botadelle un ollo que está tamén moi interesante

jueves, 30 de enero de 2014

PASANDO A INSPECCIÓN TÉCNICA DE CONTROL (ITC) EN SECUNDARIA

Visto que levamos máis dun mes de actividade xa viña sendo hora de controlar un pouco máis exhaustivamente como se esta estaba a desenvolver.
Collemos folla de control e alehop¡¡¡ e botar a andar polas aulas de secundaria adiante.
O resultado global foi satisfactorio, pero o mellor calificativo é o de irregular. Mentras que unhas aulas están a levar a cabo unha labor moi salientable (sobre todo 1ºB e 2ºB) outras case que non están colaborando nada.
Hoxe o cartón amarelo sacásmosllo a 3ºESO: papel e plástico intercambiado, reciclabotes en estado defectuoso, material non contabilizado nas follas de control e sen baleirar no PLI...pero todo o mundo ten dereito a "despistarse". Esperamos que o toque de atención correspondente abra por fin os ollos do alumnado desta aula e o cartón amarelo non se converta en vermello ;-)
aquí tedes as probas materiais...
caixa rota

mestura de lixo

material sen baleirar

miércoles, 29 de enero de 2014

LÉVANNOS OS TAPÓNS...

Estamos en pleno proceso de reconto mensual. En breve publicaremos resultados, pero o que se segue a constatar é que os alumnos non paran de traer tapóns. Hoxe a cousa xa desbordaba e tivemos que poñer en marcha o seguinte elo da cadea; chamamos ao Concello e ao pouco xa estaban coa súa furgoneta retirando varios sacos de tapóns e levándoos direitiños ao almacén central. Alí esperarán ata que se xunte unha cantidade considerable e un trailer os leve á nave que ASPANEMI ten en Narón.
Aquí vos deixo unhas fotiños da retirada, máis que nada para ilustrar que esta cadea é real e ten diferentes protagonistas... 

lunes, 27 de enero de 2014

AMPLIAMOS O CÍRCULO

Grazas a Nazaret Balado, de 4ºESO, os carteis da nosa campaña de reciclaxe xa chegan ata...Narón. Concretamente nos talleres ELECAR, do polígono das Lagoas, xa nos coñecen.

sábado, 25 de enero de 2014

AS VOLTAS QUE DA O CLAKI. DA ESCOLA Á NOSA CASA.

A  semana pasada na aula do 6º nivel de Educación Infantil apareceron  uns recipientes de cor branco e cunha tapa verde. Empezamos a preguntarnos para que servirían? para gardar pilas, tapóns, cartuchos de tinta, tapóns... e menos mal que estaba Jorge que tiña a resposta para recoller aceite usado da casa e traelo á escola.
Visitamos o PLI  e descubrimos que o seu nome é CLAKI, outro amigo da familia da reciclaxe. Decidimos preguntar na casa que pasa co aceite usado e iniciar un novo proxecto: "O aceite e a súa reciclaxe".
Sabemos moitas cosas pero queremos saber entre outros temas:
- Como é a árbore que da as olivas? Como se chama?
- Que pasa co aceite cando o botamos polo vertedoiro?
-Que pasa co aceite usado que traemos á escola?
Investigaremos mirando nos libros, nas fotos, en internet e falaremos con persoas expertas no tema.
E da escola á casa os clakis marcharon, boa viaxe!.

sábado, 18 de enero de 2014

SEGUE O GOTEO DE FOTOS

Os carteis continúan espallándose como bisbarra e agora é Nerea Gundín quen nos di que colocou o seu na cooperativa de Pedroso. ¡Grazas Nerea¡

Nerea Gundín en Pedroso

A PENÚLTIMA ETAPA DO PROCESO

Aínda non vos ensináramos o punto limpo exterior (PLEX) da nosa cadea. Agora temos o plástico a carón do papel, para que resulte máis cómodo o baleirado. Témolo colocado á entrada do edificio de secundaria.
Tamén aproveitamos esta semana para colgar o PUNTAZO verde a modo de indicador do PLI de primaria infantil.
Fixemos un repaso de como están indo as cousas por secundaria e séguese a constatar que sobre todo no 1º ciclo estano a tomar moi en serio. 
 ¡¡SEGUIMOS RECICLANDO¡¡
Primeiro plano do PLEX

Perspectiva exterior do PLEX

PUNTO LIMPO INTERIOR INF-PRIM (PLI)

jueves, 16 de enero de 2014

¿QUEDA ALGUÉN QUE NON SAIBA DA NOSA CAMPAÑA?

Pois cada vez menos xente desde logo. Grazas a rapazas e rapaces como Laura Pazos é dificil non saber que estamos tramando no colexio de San Sadurniño.
Laura colocou cinco carteis pola bisbarra: no Centro Comercial, no Eroski e no Bar Amancio de Valdoviño. A cousa non quedou aí, chegou ata Ferrol mesmo; no parking da Praza de España y no do Cantón a xente xa pregunta que é iso de ¿e ti sustentas.
Por certo xa vedes que hai unha mascota que está famenta...pero din por aí que hai outra que non estaba moi contenta co aspecto que tiña e decidiu facer un cambio de "look". Xa me tarda saber quen é...
 





HAI CARTA...

Á  volta de vacacións recibimos unha carta, e non era dos Reis nin de Papá Noel. 
Temos un novo amigo que se chama  COMPOS. Quere que lle levemos follas que aparezan polo patio e tamén algúns restos das nosas merendas.
Polo visto ten moita fame. Nas vacacións ninguén lle levou nada de comer.
Tranquilo COMPOS que te levaremos algo nos vindeiros días.




lunes, 13 de enero de 2014

SEGUIMOS EXPANDÍNDONOS

Hoxe son Paula Fraga e Angel Casal os que colocan carteis en Narahío e na parada de bus de Doso para contribuir a que máis xente saiba o que estamos a facer no colexio. Grazas rapaces.


Por outra banda hoxe sinalamos máis "ostensiblemente" os puntos limpos interiores... Xa vedes cómo nos quedou, todo un PUNTAZO, iso si, verde, para non confundir ao persoal.







sábado, 11 de enero de 2014

XA TEMOS CARTEL PARA A CAMPAÑA

Ninguén mellor que a profe Beatriz Ricoy para deseñar un cartel como este para a campaña de reciclaxe que iniciamos este ano. Comprobádeo vós mesmos.
Grazas Bea. Encántame iso de non romper a cadea, porque reflicte perfectamente o espírito da campaña: isto é unha cadea feita por moitos elos, todos son importantes, e non se pode romper por ningún sitio, pois non se acadaría o obxectivo.


miércoles, 8 de enero de 2014

SEGUIMOS AQUÍ

Parecía que o parón do Nadal conxelara a campaña pero aquí estamos de volta¡¡¡
Antes de nada ¡¡feliz ano a todos¡¡ a ver se este 2014 nos cambia un pouco o noso punto de vista respecto á reciclaxe.
Yaiza López, Celia Fernández e Dakota Castro son as primeiras que nos mandan os carteis neste 2014. Colocáronos na estación de servizo de San Sadurniño, no super O Cruce de Moeche e no supermercado Claudio de Moeche, respectivamente.
Seguro que apartir de agora chegan máis colaboracións.

super O Cruce en Moeche

Estación de servizo de San Sadurniño

Supermercado Claudio en Moeche