logo sustentas

logo sustentas

jueves, 8 de diciembre de 2016

RETO Nº3: DECEMBRO




E xa para poñernos ao día...aí vai o reto do mes de decembro. Pincha aquí para resolvelo.
A finais de mes publicaremos os resultados da recollida do primeiro trimestre.
saudos

RETO Nº2: NOVEMBRO



Este ano imos un pouco a destempo...pero aquí está o reto de novembro para que te entreteñas buscando. Pincha aquí para resolvelo.

miércoles, 16 de noviembre de 2016

RETO Nº 1-OUTUBRO



Empezamos con algo de retraso unha nova campaña de retos de busca de información...
aquí vos deixo a do mes de outubro para que vos entretades.


lunes, 14 de noviembre de 2016

SUXESTIÓNS DE LECTURA: PAGUS

Atopamos en  Cultura Galega unha interesante nova relativa á posibilidade de descargar o libro Pagus. Galicia, un país de paisaxes na web do Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Preme aquí se desexas descargalo.


jueves, 29 de septiembre de 2016

A POLA CUARTA CAMPAÑA CONSECUTIVA

Cuarto ano desta campaña oficial de recollida de refugallos no centro...e esperamos que sexa de proveito como as anteriores.
Arrancamos o luns 3 de outubro. Quedan por diante 8 meses para seguir coa dinámica de reciclaxe que a maioría dos integrantes da comunidade educativa do colexio está a facer súa.
Animámosvos a todos a participar para seguir consolidando esta campaña.
Imos aló








lunes, 27 de junio de 2016

Amar a natureza

Estabamos un día reflexionando sobre as características dos textos publicitarios nas clases de 2º de ESO cando se nos ocorreu deseñar unha pequeniña campaña publicitaria sobre o coidado da natureza e a reciclaxe. A clase dividiuse en grupos que buscaron un lema e elaboraron unha pequena ilustración para o seu cartel. 
Chegou o terceiro trimestre e decatámonos que Manuel María, o escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, escribira moitos poemas acaídos para estes carteis e este o resultado.


jueves, 23 de junio de 2016

Premio para os gañadores da campaña na ESO

O martes 21 celebramos cos alumnos/as de 1ºB e 2ºB de ESO o seu premio ás mellores clases de ESO dentro da campaña de reciclaxe. Os de 1ºB responderon todos os retos e moi ben ademáis. Os de 2ºB conseguiron unha cantidade de tapóns incrible.
Foi unha xornada moi bonita na que partindo do miradoiro de Marraxón, baixamos á fervenza do Belelle, para subir finalmente ao miradoiro de Viladonelle. Pasamos por sitios preciosos e como colofón o bus trasladounos ao área recreativa da Cobeluda onde nos refrescamos da intensa calor, nas "xélidas" augas da piscina natural e comemos un churrasco e un polbo á feira rico rico.
Os nosos parabéns para todos eles e animámosvos a seguir así









martes, 21 de junio de 2016

TRABALLOS DE RECICLAXE

Os alumnos e alumnas de 2º da ESO, nas clases de Ciencias da Natureza, fixeron traballos sobre a reciclaxe de diferentes materiais. Aquí tedes algúns dos traballos.

lunes, 6 de junio de 2016

RESULTADOS GLOBAIS DA CAMPAÑA

En vista dos datos enviados polas clases participantes podemos resumir os resultados globais nas seguintes táboas.
Todos os cursos de infantil fixérono estupendamente.
Na etapa de primaria unha boa "loita" entre 1º, 2ºB e 6º...e finalmente, se hai que dar un gañador deste año, a balanza inclinouse do lado de 6º PRIM.
Na ESO temos dous gañadores "ex aequo" 1ºB por recoller unha boa cantidade de material pero sobre todo por ser a única clase que contestou e ben a todos e cada un dos retos propostos ao longo do ano. E despois 2ºB polo seu extraordinario volume de tapóns recollidos. 
Son as dúas clases que compartirán o premio da campaña en secundaria que consistirá nunha xornada lúdico-festiva pola contorna, o día 21 de xuño. Se a meteoroloxía nolo permite subiremos ao alto de marraxón para gozar dunha panorámica extraordinaria da ria de Ferrol, baixaremos ata a fervenza do Belelle, un salto de auga espectacular que temos pola zona e finalmente chegaremos ao área recreativa da cobeluda para pasar un rato na piscina natural e xantar todos xuntos para despedir o curso.



EN TOTAL CONTABILIZAMOS 440,25 KG DE TAPÓNS, 53 KG DE PILAS, 79 CARTUCHOS E 40 CLAKIS

Non obstante as cantidades reais foron moi superiores porque houbo achegas importantes que non pasaron polas clases.
Estimamos que sobrepasamos a tonelada de tapóns recollidos, os 100 kg de pilas e os 100 cartuchos.
En canto a aceite entregamos á empresa colaboradora, ao longo deste ano 170kg e algún máis que ainda queda por entregar.

RESULTADOS DA RECOLLIDA FIN DE CURSO

Xa a piques de rematar a campaña chegan os últimos resultados do curso que envían algunhas das clases.
Son os seguintes durante os meses de abril y maio.



jueves, 26 de mayo de 2016

domingo, 22 de mayo de 2016

ECO-PEQUE CONSELLOS MARZO E ABRIL.

En Marzo, celebramos o Día Mundial da auga e traballamos como podemos aforrar auga na casa e na escola. Actividades sinxelas como pechar as billas, recoller auga da choiva para regar as plantas, enxaboar as mans coa billa pechada... porque "Cada gota conta".




En Abril, día da Terra traballamos o lema "Coida o teu planeta, xuntos podemos". Un conto e unha actividade lim axudaron a lembrar todas esas pequenas accións que nos axudan a coidar o noso planeta.








martes, 3 de mayo de 2016

RETO DE MAIO...E ÚLTIMO DA TEMPORADA


Aquí vos deixo o último dos retos de investigación para esta campaña 2015-2016.
En xuño esperamos ter o reconto feito e dar por finiquitada a temporada.
Mentres tanto entretédevos resolvendo isto.

domingo, 10 de abril de 2016

jueves, 31 de marzo de 2016

viernes, 25 de marzo de 2016

domingo, 6 de marzo de 2016

ECO-PEQUE CONSELLOS DE XANEIRO E FEBREIRO.

Xaneiro, mes do consumo sostible traballamos o lema "Reducir, reciclar e reutilizar" falando do que significan esas palabras e do que podemos facer para aplicar a regra das 3R.
Á escola traemos a caixa dos bocatas, separamos os residuos, apagamos as luces, reutilizamos as bolsas plásticas... e con pequenos xestos axudamos a coidar o planeta.


En Febreiro, mes dos humedais descubrimos cunha actividade lim de elaboración propia as lagoas e os seus habitantes (alavancos, pintafontes, garzas...), e con libros, cancións ...que falan das lagoas.
E o lema traballado foi "Coidemos os humedais e salvemos os animais"



lunes, 29 de febrero de 2016

REDECORANDO O COLEXIO CO GALLO DA RECICLAXE

Os compañeiros de educación infantil e primaria tiveron unha fantástica idea e aproveitaron a campaña de reciclaxe na que estamos inmersos para instalar no corredor de entrada do seu edificio unhas cadeiras moi orixinais que se abren para poder meter dentro as pilas, tapóns e cartuchos que se vaian traendo.
Para darlle un toque máis "cool" a esta entrada, fixádevos na árbore que dá sombra a este sitio de descanso ;-)
Parabéns pola brillante idea.



RETO DO MES DE MARZO


Aquí vos deixo unha nova edición dos nosos retos mensuais para que vos rompades un pouco a cabeza.
Fai clic aquí para visualizalo.

lunes, 22 de febrero de 2016

SUXESTIÓNS DE LECTURA: Educar en verde

Educar en verde, de Heike Freire, parte dunha premisa fundamental: a de que os nenos e a natureza se precisan mutuamente.


domingo, 14 de febrero de 2016

viernes, 5 de febrero de 2016

ECO-PEQUE CONSELLOS. DECEMBRO

Decembro é o mes de colocar as árbores de Nadal na casa e podemos escoller entre unha natural ou unha artificial. Falamos das necesidades das árbores naturais ( a terra, a auga, a luz...) e así podemos saber como é a nosa.  Tamén  falamos do que podemos facer con elas unha vez rematadas as festas: facer compost ou volver a plantar si é natural ou gardar no faiado para as próximas festas si é artificial. E así o lema deste mes é "Dálle unha nova oportunidade".

lunes, 11 de enero de 2016

ECO-PEQUE CONSELLOS DE OUTUBRO E NOVEMBRO.


No mes de outubro descubriamos como podemos axudar no aforro da enerxía apagando as luces da aula cada vez que saímos e apagando o que non usamos (encerado dixital, proxector...) e  así  o lema deste mes é "Apágame, se non me usas" .


No mes de novembro xogabamos cos nosos colectores do lixo favoritos: Comilón, Cartúnez, Plastichín e o seu novo amigo Vidriolo. Tamén saímos pola rúa para recoñecer e asociar cada mascota co seu contedor. E a frase do mes é "Separar para reciclar", e cada vez o facemos mellor.