No mes de outubro descubriamos como podemos axudar no aforro da enerxía apagando as luces da aula cada vez que saímos e apagando o que non usamos (encerado dixital, proxector...) e así o lema deste mes é "Apágame, se non me usas" .
No mes de novembro xogabamos cos nosos colectores do lixo favoritos: Comilón, Cartúnez, Plastichín e o seu novo amigo Vidriolo. Tamén saímos pola rúa para recoñecer e asociar cada mascota co seu contedor. E a frase do mes é "Separar para reciclar", e cada vez o facemos mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario