logo sustentas

logo sustentas

lunes, 27 de junio de 2016

Amar a natureza

Estabamos un día reflexionando sobre as características dos textos publicitarios nas clases de 2º de ESO cando se nos ocorreu deseñar unha pequeniña campaña publicitaria sobre o coidado da natureza e a reciclaxe. A clase dividiuse en grupos que buscaron un lema e elaboraron unha pequena ilustración para o seu cartel. 
Chegou o terceiro trimestre e decatámonos que Manuel María, o escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, escribira moitos poemas acaídos para estes carteis e este o resultado.


jueves, 23 de junio de 2016

Premio para os gañadores da campaña na ESO

O martes 21 celebramos cos alumnos/as de 1ºB e 2ºB de ESO o seu premio ás mellores clases de ESO dentro da campaña de reciclaxe. Os de 1ºB responderon todos os retos e moi ben ademáis. Os de 2ºB conseguiron unha cantidade de tapóns incrible.
Foi unha xornada moi bonita na que partindo do miradoiro de Marraxón, baixamos á fervenza do Belelle, para subir finalmente ao miradoiro de Viladonelle. Pasamos por sitios preciosos e como colofón o bus trasladounos ao área recreativa da Cobeluda onde nos refrescamos da intensa calor, nas "xélidas" augas da piscina natural e comemos un churrasco e un polbo á feira rico rico.
Os nosos parabéns para todos eles e animámosvos a seguir así









martes, 21 de junio de 2016

TRABALLOS DE RECICLAXE

Os alumnos e alumnas de 2º da ESO, nas clases de Ciencias da Natureza, fixeron traballos sobre a reciclaxe de diferentes materiais. Aquí tedes algúns dos traballos.

lunes, 6 de junio de 2016

RESULTADOS GLOBAIS DA CAMPAÑA

En vista dos datos enviados polas clases participantes podemos resumir os resultados globais nas seguintes táboas.
Todos os cursos de infantil fixérono estupendamente.
Na etapa de primaria unha boa "loita" entre 1º, 2ºB e 6º...e finalmente, se hai que dar un gañador deste año, a balanza inclinouse do lado de 6º PRIM.
Na ESO temos dous gañadores "ex aequo" 1ºB por recoller unha boa cantidade de material pero sobre todo por ser a única clase que contestou e ben a todos e cada un dos retos propostos ao longo do ano. E despois 2ºB polo seu extraordinario volume de tapóns recollidos. 
Son as dúas clases que compartirán o premio da campaña en secundaria que consistirá nunha xornada lúdico-festiva pola contorna, o día 21 de xuño. Se a meteoroloxía nolo permite subiremos ao alto de marraxón para gozar dunha panorámica extraordinaria da ria de Ferrol, baixaremos ata a fervenza do Belelle, un salto de auga espectacular que temos pola zona e finalmente chegaremos ao área recreativa da cobeluda para pasar un rato na piscina natural e xantar todos xuntos para despedir o curso.



EN TOTAL CONTABILIZAMOS 440,25 KG DE TAPÓNS, 53 KG DE PILAS, 79 CARTUCHOS E 40 CLAKIS

Non obstante as cantidades reais foron moi superiores porque houbo achegas importantes que non pasaron polas clases.
Estimamos que sobrepasamos a tonelada de tapóns recollidos, os 100 kg de pilas e os 100 cartuchos.
En canto a aceite entregamos á empresa colaboradora, ao longo deste ano 170kg e algún máis que ainda queda por entregar.

RESULTADOS DA RECOLLIDA FIN DE CURSO

Xa a piques de rematar a campaña chegan os últimos resultados do curso que envían algunhas das clases.
Son os seguintes durante os meses de abril y maio.