logo sustentas

logo sustentas

jueves, 19 de diciembre de 2013

REMATA A PRIMEIRA FASE

Remata o trimestre e parece que a cousa vai funcionando. A ver se á volta aínda seguen coas mesmas gañas. Para pechar capítulo fxen unha rolda de recoñecemento polas clases de ESO e a conclusión é que as do primeiro ciclo estano tomando moi en serio. Están traendo moito material e poñen moito énfase na  recollida. Xa todas as clases excepto a de 4ºA pesaron pilas ou tapóns para levalos ao PLI.
Os resultados son os seguintes:

Material
1ºA
1ºB
2ºA
2ºB
3ºESO
4ºA
4ºB
4ºPDC
Pilas
7,9 kg
5 kg
13,2 kg
10,8 kg
1,8 kg



Tapóns
1,7kg+
1,45kg
1kg+
7,7kg+
1,8kg
3kg+
11kg
7,7kg+
9,1kg
0,2 kg

3kg
3,15kg
Cartuchos



24u.
6u.



Aos cales hai que engadir outros 25 kg de tapóns que non trouxeron os alumnos.
Para levar só unha semana e media traendo material non está nada mal.
Tamén estiven polas aulas a ver como fora o dos deseños dos reciclabotes e hai de todo. Hainos orixinais, convencionais, inexistentes...
Os de 4ºB son moi ordenadiños...mirade como teñen o seu punto limpo na clase
 
 

Os de 4ºA non o teñen tan ordenadiño pero está máis cheo...agora tocará baleirar.


Por outra banda hoxe xoves 17 baleirei os clakis de aceite nos contedores xerais do PLEX porque nos estamos quedando sen clakis limpos para levar. Foi unha experiencia algo desalentadora con 5 alumnos de reforzo de matemáticas de 1º de ESO pero aprenderán...
Agora temos máis de 100 kg de aceite almacenado nos bidóns pero non poderemos mandalo ao centro de reciclaxe ata a volta de vacacións.
Os contedores de aceite exteriores, da empresa DIVISIÓN VERDE (Procesadora Gallega de Alimentos) son os que podedes ver na foto, e témonolos xunto aos contedores de orgánicos, ao lado da cociña, nun recinto pechado por motivos hixiénicos e de seguridade. Teñen unha capacidade duns 40 kg de aceite cada un.




miércoles, 18 de diciembre de 2013

¿POR QUÉ NON MÓBILES TAMÉN?

Chegounos ao centro información sobre a recollida de móbiles para reciclar. Nun principio non tiñamos pensado incluir este produto pero visto o despliegue que estamos a levar a cabo e partindo do principio que o importante é reciclar, independentemente do material que sexa, imos metelo tamén dentro dos nosos PLIS. Na fotiño detállanse os pormenores da campaña.


SOBE A MAREA...

Non é que agora chegue o mar ata San Sadurniño pero isto da colocación de carteis parece que empeza a estenderse...xa os temos por Moeche, onde Alba Iglesias o colocou na librería Brétema e Adriana Quiza no mesma Casa do Concello. Emma Fernández levouno ata Lamas e colocouno na Ferretería e Bieito Beceiro xa deu o salto máis aló dos límites do Concello e colocouno no parque de bombeiros de Ferrol. Santiago Díaz na se permite o luxo de posar con el na fonte do Cabalo en Pedroso...grazas a todos. Isto xa é imparable;-)

Alba na librería Brétema de Moeche
Adriana no Concello de Moeche

Bieito conseguiu que se colocase no parque de bombeiros de Ferrol. Algo tería que ver o pai nisto...

Emma na ferretería de Lamas

Fonte do Cabalo Pedroso

Santi na fonte do Cabalo en Pedroso

INSTALADOS OS PLIS E O PUNTO DE PESADA EN PRIMARIA E INFANTIL

Despois dunha serie de peqeunos retoques podemos dicir que xa están montados os contedores xerais de pilas, cartuchos e tapóns en cada unha das plantas do edificio de primaria e infantil. No da primeira planta, xusto á entrada do edificio, tamén está a parte do aceite usado. Nas fotos podedes ver o resultado final. Os de máis éxito foron sen dúbida os arcóns onde imos depositar os tapóns das aulas, evidentemente pola decoración que traen incorporada, moi chula.
Para facer o paso das aulas ao PLI era necesario pesar e por iso se intalou na zona de secretaría da primeira planta a balanza que precisábamos para elo. Tamén nos demos conta ao facer as primeiras pesadas en secundaria que era incómodo pesar tapóns pola súa gran cantidade e pouco peso, por iso ideamos un contedor lixeiro para facer a pesada nun só paso.
Collemos unha caixa de cartón, forrámola, etiquetámola...e listo. Se temos bolsas grandes de tapóns pesámolas na caixa (tendo en conta que heberá que restar o peso da propia caixa baleira, o cal, para evitar esquecerse xa o puxemos impreso xa propia caixa). Na foto podedes ver tamén como quedou a cousa.
PLI 1ª planta

PLI 2ª planta

punto de pesada

entrada do edificio 1ª planta

PLI 3ª planta

ONDE VAN AS FOLLAS?




Cada outono o patio de infantil énchese de follas. Decidimos recollelas e nos preguntamos que podemos facer con tantas follas?. Como xa traballamos con elas nas clases tiñamos que buscarlles outro lugar.  No cole cada cousa ten o seu sitio os plásticos en Plastichín, o papel en Cartúnez e os restos da froita en Comilón e as follas onde? Descubrimos que moi cerca do edificio de secundaria, onde están os maiores, había unhas caixas verdes e pensamos que as podíamos meter dentro. 
Que pode ser esa caixa verde? Para que servirá? ...teremos que investigar e á volta das vacacións volveremos a ver se aínda seguen alí as follas.  O proxecto está en marcha.


Recollendo as follas no patio.




Unha vista a Compos.





sábado, 14 de diciembre de 2013

PREPARADOS, LISTOS...

Esta semana propoñíame que todo estivera a punto para que a cadea empezase a funcionar...e case o conseguimos.
Xa temos os arcóns de infantil e primaria montados (¡grazas Juanjo por arranxar a desfeita...) e as balanzas definitivas nos postos de pesada. O primeiro intento foi cun modelo dixital, pero vimos que era inadecuado pola súa fraxilidade e rango de pesada demasiado curto (os reciclabotes cheos de pilas superaban os 5 kg que como máximo admitían), así que pasamos ao modelo tradicional de cociña de resorte que nos permitía cumprir perfectamente cos obxectivos do proceso ademáis de ofrecer maior robustez e resistencia. Poden cubrir ata 10 kg medindo de 50 en 50 g. O venres 13 quedaron xa instaladas: unha no primeiro andar do edificio de primaria e outra xunto á secretaría no edificio de secundaria.
En canto ás pilas o encargado dalgunha clase xa levou a cabo a primeira clasificación, trala cal baleirou o contido no PLI de secundaria. Ao facer a clasificación démonos conta que é necesario poñer unhas luvas de látex porque algunhas pilas están en mal estado e enluxan moito. 
Temos xa que avisar ao Concello a que veña a pola primeira tanda de tapóns porque xa temos os arcóns cheos.
Neste senso confirmamos esta semana que o Concello segue a colaborar con ASPANEMI para sufragar mediante a recollida de tapóns axuda médica para Alba, unha nena con problemas graves cerebrais. O punto final da cadea nesta liña sitúase no Porriño, en Pontevedra, onde está a planta de reciclaxe de tapóns Reserplas, que recibe as nosas achegas.
En canto ás pilas, o Concello recólleas sendo o seu destino final a Sociedade Cooperativa Galega LIMCO, en Cambre, onde traballan moitas persoas que teñen unha determinada discapacidade.
Pero o máis interesante da semana foi o reparto de carteis informativos da campaña. Estaban dirixidos principalmente aos pais e nais do alumnado do centro e convidávaos a participar na mesma. Propúxenlles que colocar alomenos un cartel nun establecemento público do lugar onde vivían co fin de estender máis aló do colexio o ámbito de acción da campaña. Pero iso si, tiñan que fotografiar o cartel e o establecemento en cuestión e mandarme a foto por correo...e desde o venres empezaron a chegar as fotos ao e-mail. Incluso algúns alumnos do colexio teñen xa grupo de whatsapp compartindo información e fotos.
Déixovos o cartel e algunha fotiño de mostra das primeiras que chegaron, obras de Tania Lema e Alexis Santalla.


Un xeito curioso de publicitar a campaña. Grazas a Tania Lema.
Cartel no Café-bar-peluquería SANTOS de San Sadurniño. Púxoo Alexis Santalla.

martes, 10 de diciembre de 2013

PRIMEIROS RESULTADOS

Estamos nunha fase complicada porque aínda non completamos a cadea de reciclaxe no centro e os rapaces e rapazas xa están traendo material...os reciclabotes de secundaria desbordan nalgunhas clases (noutras non tanto) pero os grandes dos PLIS aínda non estaban operativos...ata hoxe.
Xa temos bidóns grandes para recoller as pilas. No edificio de secundaria dous, e tres no de primaria/infantil, un por cada planta. Tamén temos unha caixa para cartuchos en secundaria e outra en cada piso de primaria/infantil. E xa mercamos os arcóns de plástico para los tapóns. O de secundaria xa está montado pero os de infantil/primaria non; haberá tamén un por cada planta e serán moi chulos, con motivos infantís e todo...seguro que lles gostan. Para o aceite usado contaremos con clakis no PLI de secundaria e no de primaria (neste caso só haberá dous puntos). Tamén corroboramos que o Concello segue a recoller os tapóns para ASPANEMI, que conta cunha nave en Narón onde están acumulando para Alba, unha nena cuxos pais son desta localidade, e que sofre unha importante enfermidade cerebral dexenerativa. Ou sexa, parece que botamos a andar...
O caso é que para baleirar un pouco de tapóns as clases de secundaria puxémonos a pesar. En 1ºA  recolleron 1,7 kg, en 1º B 1 kg, en 2ºA 3 kg, en 2ºB ¡¡7,7 kg¡¡ e en 3ºESO 0,2 kg. Os de 4ºESO aínda non teñen nada. Parece que os de 2ºB arrancan forte...
Por outra banda no PLI de secundaria xa se van vendo algúns clakis cheos de aceite usado, máis que en todo o ano pasado enteiro, onde case que ningúen trouxo nada. Esperanzador.
Aquí vos deixo unha fotiño do cartel animando a reciclar aceite na entrada do edificio de secundaria.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

TERMINOLOXÍA BÁSICA

Estoume dando conta que ao contarvos esta historia que estamos poñendo en marcha en San Sadurniño escribin algúns termos que teñen un significado moi específico, incluso algún que lle pode poñer os pelos de punta a algún académico, pero que nós imos tomarmos esa licenza e empregar a cotío.
Compre aclaralos para saber a qué nos referimos ao empregalos:
  1. Reciclabotes: serán de aquí en diante eses garrafóns de agua de 5L "tuneados" polos alumnos/as de cada aula. Serán a primeira etapa da cadea da reciclaxe ao ser os primeiros en recibir o que traian os rapaces.
  2. Punto limpo en interiores (PLIS): chamarémoslle así ao conxunto de recipientes que haberá na entrada do edificio de secundaria e en cada unha das tres plantas do edificio de primaria, destinados ao depósito en grandes cantidades de pilas, cartuchos, tapóns e aceite usado. Serán a segunda etapa da cadea de reciclaxe, xa que neles se botará o contido dos reciclabotes.
  3. Punto limpo no exterior (PLEX): zona do patio do colexio onde se agrupan os contedores grandes da recollida selectiva de lixo. Realmente só están xuntos os de papel e plástico, ao lado dos vestiarios das cociñeiras. O de orgánicos, por motivos de hixiene, seguen na parte traseira do comedor escolar.
  4. Encargado: persoa que terá que levar en cada aula, por un periodo máximo de 1 mes, o control dos produtos depositados nos reciclabotes e baleirar o contido destes no PLIS e do papel e plástico no PLEX.
  5. Entidade colaboradora (ENCOL): Organismo co que estamos en contacto para levar a cabo a última parte do proceso, que é o transporte e/ou tratamento do refugallo recollido no colexio. En concreto o Concello esperamos que colabore na recollida de tapóns e pilas, "BTR Sostenible" nos cartuchos/toners e Procesadora Gallega de Alimentos (División Verde) no aceite usado.

FOLLA DE CONTROL

Despois de darlle algunha que outra volta decidimos crear a folla que xuntamos.
En cada clase haberá un ENCARGADO voluntario que levará a cabo durante un mes unha labor de control de refugallos. Dado que temos interese en facer un tratamento estatístico da recollida, pensamos en avaliar a cantidade de cartuchos recollidas determinando as unidades recepcionadas; para os tapóns tomaremos os quilogramos recollidos, para o cal precisamos dunha balanza da sensibilidade axeitada que poñeremos nos edificios de primaria e secundaria; para as pilas apuntaremos tanto os quilogramos como a cantidade de cada tipo recollidas.
Para apuntar os clakis de aceite usado que cada alumno vaia depositando nos puntos limpos do edificio de primaria ou secundaria (xa volos amosaremos noutra entrada) pensamos en algo tan simple como que unha vez que o alumno llo comunique ao profesor da primeira clase que teña, este apuntará unha C de Claki (ou 2C, 3C, se son máis) no libro de faltas que xa hai en cada aula.
Os ENCARGADOS de cada clase procederán a apuntar os datos correspondentes cando baleiren o contido dos reciclabotes nos puntos limpos. 
Posiblemente os alumnos de PDC recollerán as táboas de datos de todas as aulas e introducirán os datos nunha folla de cálculo que eles mesmos crearán para que ao final poidan servir da base para un tratamento matemático.
O aspecto da folla é o seguinte


TRABALLANDO

A semana prometía porque as clases, principalmente en secundaria, que era onde estaban máis informados, tiñan que empezar a poñerse as pilas (recicladas, por supostos) e preparar os recipientes nos que se ían recoller pilas, tapóns e cartuchos.
Houbo de todo pero en xeral a resposta foi moi positiva. A maioría das aulas xa teñen as súas tres garrafas de auga de 5L "tuneadas" como eles decidiron e a súa caixa forrada de azul para recoller papel, con cartúnez, cartinta, taponchu e pili vixiando o proceso...
Pensabamos que a cousa ía ir lenta e ata que os rapaces empezaran a traer material ía pasar un tempo...e ao final tivemos que pararlle os pés porque empezaron a aparecer pilas, cartuchos e sobre todo tapóns que xa encheron os recipientes. Pero ainda non temos as balanzas para pesar o material antes de botalo nos contedores grandes xerais (FASE II), así que recomendamos tranquilidade, cando teñamos todos os elementos da cadea a punto daremos o "pistoletazo de saída" na carreira pola sustentabilidade...
Ou sexa, que a cousa promete. Estaremos aí para que isto non sexa só produto da euforia inicial e a cousa se dilúa no tempo.
Déixovos unhas fotiños do que fixeron en 3ºESO.