logo sustentas

logo sustentas

martes, 10 de diciembre de 2013

PRIMEIROS RESULTADOS

Estamos nunha fase complicada porque aínda non completamos a cadea de reciclaxe no centro e os rapaces e rapazas xa están traendo material...os reciclabotes de secundaria desbordan nalgunhas clases (noutras non tanto) pero os grandes dos PLIS aínda non estaban operativos...ata hoxe.
Xa temos bidóns grandes para recoller as pilas. No edificio de secundaria dous, e tres no de primaria/infantil, un por cada planta. Tamén temos unha caixa para cartuchos en secundaria e outra en cada piso de primaria/infantil. E xa mercamos os arcóns de plástico para los tapóns. O de secundaria xa está montado pero os de infantil/primaria non; haberá tamén un por cada planta e serán moi chulos, con motivos infantís e todo...seguro que lles gostan. Para o aceite usado contaremos con clakis no PLI de secundaria e no de primaria (neste caso só haberá dous puntos). Tamén corroboramos que o Concello segue a recoller os tapóns para ASPANEMI, que conta cunha nave en Narón onde están acumulando para Alba, unha nena cuxos pais son desta localidade, e que sofre unha importante enfermidade cerebral dexenerativa. Ou sexa, parece que botamos a andar...
O caso é que para baleirar un pouco de tapóns as clases de secundaria puxémonos a pesar. En 1ºA  recolleron 1,7 kg, en 1º B 1 kg, en 2ºA 3 kg, en 2ºB ¡¡7,7 kg¡¡ e en 3ºESO 0,2 kg. Os de 4ºESO aínda non teñen nada. Parece que os de 2ºB arrancan forte...
Por outra banda no PLI de secundaria xa se van vendo algúns clakis cheos de aceite usado, máis que en todo o ano pasado enteiro, onde case que ningúen trouxo nada. Esperanzador.
Aquí vos deixo unha fotiño do cartel animando a reciclar aceite na entrada do edificio de secundaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario