logo sustentas

logo sustentas

miércoles, 4 de diciembre de 2013

TRABALLANDO

A semana prometía porque as clases, principalmente en secundaria, que era onde estaban máis informados, tiñan que empezar a poñerse as pilas (recicladas, por supostos) e preparar os recipientes nos que se ían recoller pilas, tapóns e cartuchos.
Houbo de todo pero en xeral a resposta foi moi positiva. A maioría das aulas xa teñen as súas tres garrafas de auga de 5L "tuneadas" como eles decidiron e a súa caixa forrada de azul para recoller papel, con cartúnez, cartinta, taponchu e pili vixiando o proceso...
Pensabamos que a cousa ía ir lenta e ata que os rapaces empezaran a traer material ía pasar un tempo...e ao final tivemos que pararlle os pés porque empezaron a aparecer pilas, cartuchos e sobre todo tapóns que xa encheron os recipientes. Pero ainda non temos as balanzas para pesar o material antes de botalo nos contedores grandes xerais (FASE II), así que recomendamos tranquilidade, cando teñamos todos os elementos da cadea a punto daremos o "pistoletazo de saída" na carreira pola sustentabilidade...
Ou sexa, que a cousa promete. Estaremos aí para que isto non sexa só produto da euforia inicial e a cousa se dilúa no tempo.
Déixovos unhas fotiños do que fixeron en 3ºESO. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario