logo sustentas

logo sustentas

sábado, 30 de noviembre de 2013

FASE 2: A TRABALLAR...

Falta completar a fase de información cos pais, co concello e coa prensa. A prioritaria, a dos alumnos está case completa, co cal xa nos imos a poñer mans á obra coa infraestrutura do proxecto. Fai falta deseñar e construir os contedores de pilas, cartuchos e tapóns que haberá en cada aula. Tamén haberá que forrar de azul unha caixa de cartón para recoller o papel e instalar o recipiente amarelo para recoller o plástico. Isto tamén en cada aula. Tamén hai que instalar o recolector de clakis no edificio de secundaria, sinalar coa infografía axeitada os diferentes "puntos limpos" no centro, é dicir o traballo menos agradecido...
o primeiro foi plastificar as mascotas para que cada aula os poidese pegar aos recipientes de recollida.
Pensouse en usar esas botellas de auga transparentes de auga de 8 litros, coa boca recortada, e "axeitadamente tuneadas" para facer máis atrativo o deseño.
Pero iso é outra historia que a ver se vos podemos contar a semana que vén...

FASE 1: INFORMACIÓN

Temos claro que para conseguir que a campaña sexa un éxito temos que levar a cabo unha ardua e dificil tarefa de INFORMACIÓN previa. Démoslle moitas voltas aos diferentes métodos pero ao final lanzámonos da man dos protagonistas principais de todo isto: OS ALUMNOS.Dixémosnos ¿por qué non lle explican uns alumnos a outros o que intentamos construir?. Dito e feito. Collín aos alumnos de PDC e despois dunha sesión de formación na que lles contei pormenorizadamente en que consistía isto do plan proxecta e máis concretamente o da sustentabilidade e paisaxe no que nos metemos, o que íamos por en marcha no centro, os premios que podíamos recibir (nunca falla...) considerei que estaban suficientemente preparados para lanzarse á piscina.


Tiña verdadeiro interese en que saíse ben por dous motivos diferentes. O primeiro era porque o que vai facer bo o proxecto é o grao de de implicación dos alumnos e ¿quen mellor para explicarllo que eles mesmos?. E segundo porque iso de falar en publico dun tema serio coma este, de ver como asumían esa responsabilidade permitiríame traballar con este grupo de 7 alumnos de PDC esas habilidades dun xeito moi directo. E abofé que saiu ben. Houbo nervios ao principio pero pouco a pouco gañaron en seguridade e acabárono facendo moi ben. Entre as súas explicacións e as miñas arengas, creo que conseguimos despertar o interese de case todos. Nun só día, durante 3 sesións lectivas, pasamos polas outras 7 aulas de ESO e 1 de primaria. Quédanos o resto de aulas do colexio para outro día.













Déixovos foto do transcurso da charla. Nela os alumnos explicaron as 6 liñas de actuación, como ían ser os recipientes da recollida de pilas, tapóns, aceite e cartuchos, onde ían estar, como se ía levar o control da recollida, quen se ía encargar, que recompensa poderían ter ao final os mellores...e tamén presentaron ás nosas mascotas. Persoaxes que xa tiñamos no colexio, sobre todo en infantil, para este tipo de campañas, ainda que tivemos que crear outras novas para completar o plantel...aquí vos deixo a claki, cartinta, pili, taponchu, comilón, cartúnez, plastichín, vidriolo e compos. Son unha boa excusa para intentar que se identifique dun xeito inequívoco cada parte da campaña.
Parece que algo se move xa¡¡¡
















POÑÉMONOS A ANDAR

Os comezos sempre son complicados, sobre todo cando hai que mobilizar a centos de persoas...
esta semana, despois de reunións entre os profesores implicados e coa dirección decidimos pasar á acción.
Lois xa instalou os composteiros cos seus "cachorros de PDC" (un grupo de alumnos aos que lle temos un cariño especial e cos que traballamos dun xeito distinto e moi agradecido). Póñovos unhas fotiños do resultado final. Agora serán os alumnos de infantil e primaria, principalmente, os encargados de alimentar e coidar o composteiro, para que se poida comprobar a final de curso que algo como os restos orgánicos, en vez de ir a parar ao lixo, poden servir para alimentar uns bichiños que nolo van agradecer fabricándonos compost, esa substancia tan boa para as terras de cultivo.



O NOSO PROXECTO: SANSA SOSTIBLE

Presentamos á comunidade educativa do colexio as liñas básicas do noso proxecto.
Esencialmente consisten en 6 liñas de traballo:
  1. Reciclaxe de aceite
  2. Reciclaxe de cartuchos e tóners de impresora e fotocopiadora
  3. Reciclaxe de pilas
  4. Reciclaxe de tapóns
  5. Fabricación de compost
  6. Recollida selectiva de lixo
Son campañas, unhas novas e outras xa levadas a cabo no colexio estes últimos anos. Esperamos que conformen un bo corpo de traballo no coidado da contorna.
En próximas entradas iremos entrando en detalles en cada unha delas.

EMPEZAMOS

No CPI de San Sadurniño, empezamos unha viaxe que nos levará este curso 2013-2014 polos diferentes camiños da reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Queremos facer un chisco máis para manter a nosa paisaxe o máis inalterada posible.
A través de diversas experiencias queremos achegar o noso grao de area para que vivir en harmonía coa nosa contorna sexa unha realidade. Retiraremos aceite usado e converterémolo en biodiesel; aproveitaremos os restos orgánicos das merendas dos rapaces e do comedor e transformarémolos en compost, evitaremos que cartuchos de impresora ou pilas rematen no leito dun río, enviaremos tapóns de plástico a onde sirvan para axudar a causas solidarias e aprenderemos a separar o lixo para que o seu tratamento posterior sexa máis doado. Non son accións orixinais porque nisto da reciclaxe xa hai xente que o fixo antes e mellor; son obxectivos que nos propoñemos para intentar provocar un cambio na mentalidade dos integrantes da nosa comunidade educativa; intentar que o alleo se converta en propio, que accións que pensamos que requiren un esforzo se fagan de xeito inconsciente. En definitiva que aprendamos todos que podemos facer pequenas cousas cada día que se as xuntamos poden ser algo grande e importante. 
Sempre coa mirada posta no futuro, en coidar este mundo para nós e para os que veñen detrás, progresando, vivindo de xeito sustentable. Ao final veremos cal será a resposta á pregunta...e ti ¿sustentas?
(xa sabemos que nos inventamos un "palabro", pero co permiso da Real Academia imos facer que se estenda polo colexio e se conxugue varias veces ao día)