logo sustentas

logo sustentas

sábado, 30 de noviembre de 2013

FASE 1: INFORMACIÓN

Temos claro que para conseguir que a campaña sexa un éxito temos que levar a cabo unha ardua e dificil tarefa de INFORMACIÓN previa. Démoslle moitas voltas aos diferentes métodos pero ao final lanzámonos da man dos protagonistas principais de todo isto: OS ALUMNOS.Dixémosnos ¿por qué non lle explican uns alumnos a outros o que intentamos construir?. Dito e feito. Collín aos alumnos de PDC e despois dunha sesión de formación na que lles contei pormenorizadamente en que consistía isto do plan proxecta e máis concretamente o da sustentabilidade e paisaxe no que nos metemos, o que íamos por en marcha no centro, os premios que podíamos recibir (nunca falla...) considerei que estaban suficientemente preparados para lanzarse á piscina.


Tiña verdadeiro interese en que saíse ben por dous motivos diferentes. O primeiro era porque o que vai facer bo o proxecto é o grao de de implicación dos alumnos e ¿quen mellor para explicarllo que eles mesmos?. E segundo porque iso de falar en publico dun tema serio coma este, de ver como asumían esa responsabilidade permitiríame traballar con este grupo de 7 alumnos de PDC esas habilidades dun xeito moi directo. E abofé que saiu ben. Houbo nervios ao principio pero pouco a pouco gañaron en seguridade e acabárono facendo moi ben. Entre as súas explicacións e as miñas arengas, creo que conseguimos despertar o interese de case todos. Nun só día, durante 3 sesións lectivas, pasamos polas outras 7 aulas de ESO e 1 de primaria. Quédanos o resto de aulas do colexio para outro día.













Déixovos foto do transcurso da charla. Nela os alumnos explicaron as 6 liñas de actuación, como ían ser os recipientes da recollida de pilas, tapóns, aceite e cartuchos, onde ían estar, como se ía levar o control da recollida, quen se ía encargar, que recompensa poderían ter ao final os mellores...e tamén presentaron ás nosas mascotas. Persoaxes que xa tiñamos no colexio, sobre todo en infantil, para este tipo de campañas, ainda que tivemos que crear outras novas para completar o plantel...aquí vos deixo a claki, cartinta, pili, taponchu, comilón, cartúnez, plastichín, vidriolo e compos. Son unha boa excusa para intentar que se identifique dun xeito inequívoco cada parte da campaña.
Parece que algo se move xa¡¡¡
















No hay comentarios:

Publicar un comentario