logo sustentas

logo sustentas

sábado, 30 de noviembre de 2013

EMPEZAMOS

No CPI de San Sadurniño, empezamos unha viaxe que nos levará este curso 2013-2014 polos diferentes camiños da reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Queremos facer un chisco máis para manter a nosa paisaxe o máis inalterada posible.
A través de diversas experiencias queremos achegar o noso grao de area para que vivir en harmonía coa nosa contorna sexa unha realidade. Retiraremos aceite usado e converterémolo en biodiesel; aproveitaremos os restos orgánicos das merendas dos rapaces e do comedor e transformarémolos en compost, evitaremos que cartuchos de impresora ou pilas rematen no leito dun río, enviaremos tapóns de plástico a onde sirvan para axudar a causas solidarias e aprenderemos a separar o lixo para que o seu tratamento posterior sexa máis doado. Non son accións orixinais porque nisto da reciclaxe xa hai xente que o fixo antes e mellor; son obxectivos que nos propoñemos para intentar provocar un cambio na mentalidade dos integrantes da nosa comunidade educativa; intentar que o alleo se converta en propio, que accións que pensamos que requiren un esforzo se fagan de xeito inconsciente. En definitiva que aprendamos todos que podemos facer pequenas cousas cada día que se as xuntamos poden ser algo grande e importante. 
Sempre coa mirada posta no futuro, en coidar este mundo para nós e para os que veñen detrás, progresando, vivindo de xeito sustentable. Ao final veremos cal será a resposta á pregunta...e ti ¿sustentas?
(xa sabemos que nos inventamos un "palabro", pero co permiso da Real Academia imos facer que se estenda polo colexio e se conxugue varias veces ao día)

No hay comentarios:

Publicar un comentario