logo sustentas

logo sustentas

sábado, 15 de junio de 2019

RESULTADOS GLOBAIS DA CAMPAÑA

Isto vai rematando...e toca facer balance señores.
En liñas xerais podemos dicir que se mantivo un bo ton de recollida a pesar de que xa levamos 6 anos coa campaña e podíamos caer no desánimo. Pero non, as clases de infantil seguen a traballar moitísimo arredor da temática da reciclaxe e varias clases de primaria tamén obteñen resultados salientables. En secundaria confírmase que o compromiso é menor, mais, pola contra, este ano dúas clases, as de 1ºA, baixo a titoría de Verónica Fraga, e 3ºA, con Mar Gutiérrez como titora, implicáronse moitísimo, obtendo un volume de recollida espectacular e participando activamente na resolución dos diferentes retos propostos.
Na seguinte táboa podemos ver os números obtidos en cada clase


En base aos cales podemos proclamar GAÑADORES da campaña 2018-19 aos seguintes grupos:
1. Por suposto TODO O CONXUNTO DE EDUCACIÓN INFANTIL, moi implicado coma sempre.
2. En educación primaria a clase gañadora é 3ºA, con Laura Cabarcos como titora, por completar unha recollida moi salientable non só en cantidades totais senón en tipos de refugallo.
3. En secundaria a gañadora final é a clase de 1ºA, aínda que moi preto por detrás está a clase de 3ºA, polo que ímolos proclamar gañadores ex-aequo para que desfrutar ambos do premio final.

Hai que facer un apunte final respecto aos resultados, xa que hai entrada de tapóns, pilas, cartuchos e clakis por outras vías que non son as das clases polo que, ao final, as cantidades reais obtidas son bastante maiores. 
Redondeando os números finais podemos concluir que obtivemos preto de media tonelada de tapóns, uns 100 kg de pilas, preto de 150 cartuchos e tóners e uns 150 kg de aceite aproximadamente.
Estes valores están na liña dos obtidos o curso pasado, co cal, a conclusión máis importante que obtemos é que a campaña segue viva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario