logo sustentas

logo sustentas

viernes, 21 de febrero de 2014

6ª SESIÓN: PROCEDEMOS Á SEPARACIÓN DO BIODIESEL

Despois de deixar repousar ben as fases acuosa e orgánica durante 65 horas, hoxe venres os alumnos procederon a decantar as fases e introducir a superior (o biodiesel) nun vaso de precipitados. 
Nun primeiro momento tampouco se observou un biodiesel cristalino, polo que aventuramos que ainda contén algún resto de xabón...
En canto á sosa que podía conter comprobaron que xa se fora á fase acuosa co primeiro lavado pois o pH medido no biodiesel deu en todos os casos un valor de 7 ou incluso inferior (case 6) posiblemente por restos de acético do lavado. En todo caso nunca pH básico. A sosa estaba na fase acuosa, tal como se ve na fotografía seguinte, onde a tira do indicador estaba virada ao azul do pH básico

Despois da decantación someteuse o Biodiesel a un quecemento puntual de 5 min no microondas para ver que a turbidez era resultado da presencia de auga e podíamos eliminar os restos desta...
Desde logo era evidente que as condicións de reacción e as características do aceite de partida provocaron a formación de xabóns. Observade como se formaba un pouquiño deste no seo do biodiesel da proba número 8, adoptando unha curiosa forma de remuíño


Despois do quecemento as probas que máis cristalinas saíron foron as 4, 5, 6 e 8


Tampouco estaban moi mal a 2 e a 3


A 1 e a 12 seguían a presentar algo de turbidez


A 7 e a 10 teñen unha turbidez manifesta


A 10 de feito ten ten burbullas de xabóns polo borde superior


E coa 7 fixemos un 2º lavado, desta volta coa disolución de acético ao 6%, e a mellora foi considerable

As conclusións que podemos sacar destes días lavando o biodiesel é que é unha etapa algo "engorrosa", que é suficiente empregar auga para lavar, ou en todo caso lixeiramente acidulada, que poden ser necesarios 2 lavados para optimizar o proceso, e que a calor sempre vén ben para mellorar a separación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario