logo sustentas

logo sustentas

viernes, 21 de febrero de 2014

BIODIESEL: ALTERNATIVA PARA O ACEITE DE PARTIDA

Por recomendación de persoas moi involucradas no tema da síntese de biodiesel, imos facer algunha proba empregando un aceite de partida mellor tratado.
Parece que unha etapa crítica do proceso é a limpeza do aceite de partida. Nós só o filtramos e quentamos para provocar que a posible auga e outros compostos máis densos ou polares descendesen e así poder obter o aceite máis puro na parte superior do recipiente que o contiña.
Non obstante parece que un LAVADO do aceite antes de empezar a reacción pode resultar moi conveniente. 
Para comprobar este extremo programamos unha experiencia específica.
Tomamos unha pequena mostra de aceite xa filtrado e axitado en quente para determinarlle a acidez o próximo día.
Co resto (uns 600 mL) facemos o seguinte:
  • Mesturámolo cuns 200 mL de auga quente (uns 60ºC) nunha botella de plástico fino, axitamos enérxicamente durante un par de minutos e deixamos a botella introducida en nun baño termostatizado de auga quente a uns 55ºC, durante unha hora. Transcorrido ese tempo, retírase e déixase repousar durante toda a fin de semana. Xa so pouco tempo presentaba este bo aspecto, onde as fases orgánica e acuosa aparecen claramente diferenciadas. Con esta medida espérase retirar do aceite sobre todo os ácidos graxos libres que tantos problemas poden provocar despois coa sosa engadida pola formación de xabóns.  

Unha proba inequívoca do conveniente desta etapa sería comprobar, mediante a valoración con sosa en alcohol isopropílico, que a acidez diminúe; pero iso será materia de traballo na seguinte sesión...

No hay comentarios:

Publicar un comentario