logo sustentas

logo sustentas

jueves, 13 de febrero de 2014

ANÁLISE DOS PRIMEIROS RESULTADOS DE BIODIESEL

Hoxe cumpríanse 3 días desde que levamos a cabo as 8 primeiras sínteses e vendo os medios de reacción e as condicións impostas en cada ensaio cremos que estamos en disposición de sacar xa alguna conclusión. 
Lembramos neste cadro as probas que fixemos, ás cales engadimos as realizadas hoxe e unha pendente de facer

Proba
PP
(250mL)
Condicións PP
MeOH
NaOH (g)
Tª (ºC)
Tempo reacción
1 (Carlos)
Aceite oliva
Comercial
50 mL
1
Amb.
45min reaccionando e axitando+1 día repouso
2
(David)
Ac. usado
Filtrado
50 mL
2
Amb.
45min reaccionando e axitando+1 día repouso
3
(Antón)
Ac. usado
Filtrado
50 mL
2
30ºC
45min reaccionando e axitando+1 día repouso
4
(Nazaret)
Ac. usado
Filtrado e secado
50 mL
1
Amb.
45min reaccionando e axitando+1 día repouso
5
(Bieito)
Ac. usado
Filtrado e secado
50 mL
1,5
30ºC
45min reaccionando e axitando+1 día repouso
6
(Marta)
Ac. usado
Filtrado e secado
50 mL
1,5
60ºC
45min reaccionando e axitando MAGNÉTICAMENTE+1 día repouso
7
(Adrián)
Ac. usado
Filtrado e secado
50 mL
2
Amb.
45min reaccionando e axitando+1 día repouso
8
(Nerea)
Ac usado
Filtrado e secado NO MICROONDAS
50 mL
1,5
30ºC
45min reaccionando e axitando+1 día repouso







9
(Silvia)

Ac usado
Filtrado e secado NO MICROONDAS
50 mL
LIPASA
(SKIPP)
50ºC
Axitación magnética durante 45 minutos
10
(Carla)
Ac. usado
Filtrado e secado
50 mL
1
Amb.
Axitación mecánica durante 5 min
11
(Verónica)
Ac usado
Filtrado e secado
50 mL
1,5
Amb
Axitación mecánica durante 5 min
12
(Juan)
Ac usado
Filtrado e secado NO MICROONDAS
50 mL
1,5
Amb
Axitando só ao principio 2 minutos


As 8 primeiras probas xa poden analizarse. A 9 está pendente de facer. A 10, 11 e 12 son de confirmación de resultados e hai que esperar un tempo para analizalas.

Nas 8 primeiras probas pretendíase comprobar a influencia de diversos factores e pódense obter importantes conclusións dos resultados en base ao aspecto que presentan os medios de reacción ás 72 horas:






Probas de control
variable
resultado
1 e 4
Producto de partida
Máis cristalino e cor diferente o medio co aceite puro de partida
2 e 3
e tamén a 5 e 6
temperatura
Ao quentar parece que mellora o aspecto final
4, 7 e 8
Proporción de sosa empregada
Con moita sosa aparecen xabóns. Coa proporción máis baixa empregada parece ser suficiente
 2 e 3 fronte á 7
Aceite sen secar ou secado
A influencia máis clara: o aceite sen secar proporciona medios moi turbios, emulsionados e espumados. Hai que secalo
5 e 8
Secado normal ou por microondas
Non hai moita diferencia pero o secado por microonda proporciona un aceite de partida máis claro e cristalino, e o biodiesel final tamén é algo máis transparente
5 e 6
Axitación manual ou magnética
Non é un ensaio comparable porque ao final tamén se quentou no ensaio 6, pero parece que a axitación magnética pode ser conveniente


Visto o visto, por aspectos CUALITATIVOS, única e exclusivamente, podemos concluír que un ensaio óptimo é aquel que:

PARTE DE ACEITE FILTRADO E QUENTADO 5 MINUTOS NO MICROONDAS, EMPREGA UNHA PROPORCIÓN DE 1 LITRO DE ACEITE-200mL DE METANOL-4 ou 5 G DE SOSA, SE AXITA MAGNÉTICAMENTE E SE QUENTA ATA UNS 50-60ºC DURANTE UNS 40 MIN DEPOIS DE MESTURAR OS REACTIVOS PARA DESPOIS DEIXAR REPOUSAR NUN FUNIL DE DECANTACIÓN DURANTE UN DÍA ENTEIRO POLO MENOS. SEMPRE QUEDA SOSA NO BIODIESEL AUMENTANDO O pH DO MEDIO SENDO NECESARIO UN LAVADO E NEUTRALIZACIÓN POSTERIOR


No hay comentarios:

Publicar un comentario