logo sustentas

logo sustentas

miércoles, 12 de febrero de 2014

ÁS 17 HORAS DE REACCIÓN

Agora, o que observamos ao día seguinte:
Hoxe martes pasamos a comprobar como quedaron os medios de reacción despois de deixalos repousar durante 17 horas a ver se había 2 capas ou non...
A cantidade posta de aceite a reaccionar no era moi grande e o medio no que se deixou decantar non era o máis axeitado para a observación das 2 fases insolubles (biodiesel e glicerina) porque non dispoñíamos dos funís de decantación apropiados, pero aínda así foi posible comprobar a glicerina negra na parte inferior.
As probas onde observamos os medios de reacción máis limpos e cristalinos foron a 1,4,5,6 e 8








Mentres que a 2,3 e 7 presentaban un aspecto espumoso e emulsionado





A glicerina observámola ben no fondo de todos os recipientes, sobre todo na proba 8


O pH era un parámetro importante a controlar no biodiesel sintetizado, de cara á etapa final de lavado. Evidentemente hai que lavar...o pH é bastante básico, entre 8 e 9




Queda moito exceso de sosa no biodiesel pero iso sexá obxecto de estudio nunha 4ª sesión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario