logo sustentas

logo sustentas

miércoles, 12 de febrero de 2014

SINTETIZANDO BIODIESEL (en vídeo)

Metémonos de novo co tema paralelo do aceite usado, que está dando moito xogo e o grupo de alumnos está a traballar moito.
Chegaba o momento de facer os primeiros ensaios para conseguir biodiesel...
Luns 10 de febreiro. 15:30h. No laboratorio aparecen Marta, Bieito, Carlos, Adrián, Nazaret, Nerea, Antón e David.
5 minutos para lembrar de novo o proceso e mans á obra.
O primeiro era pesar a sosa nos matraces Erlenmeyer. E tapando rápido para que non se humedecese (a sosa é higroscópica)
Aquí temos a Antón pesando os seus 2 gramos.


Despois había que introducir o metanol dentro do matraz para proceder á súa disolución. Este é un proceso clave porque realamente non é unha disolución senón que hai unha reacción química involucrada no proceso, na cal a sosa lle arranca un protón ao metanol nun proceso ácido-base, e forma o metóxido sódico, nun proceso que podiamos representar quimicamente así:
NaOH + CH3OH Û CH3ONa + H2O
Este proceso é realmente un equilibrio químico e dados as constantes de acidez da agua e do metanol, está moi pouco desprazado cara a formación de productos. Para que nos entendamos, case que non se forma metóxido sódico. Pero o interesante é que o pouco que se forma é suficiente para empezar a reacción que despois xa continúa por outros camiños. Por iso, máis que un catalizador (como lle chaman en moitos traballos relacionados) o metóxido compórtase como un iniciador da reacción.
En todo caso o proceso é exotérmico: libera calor polo que é conveniente o uso de luvas nas mans e gafas protectoras, porque o medio quéntase, o metanol pode evaporarse e a acumulacion de gases podería facer saltar o tapón, e unha gota nun ollo non sería nada agradable...
Indo ao gran...aquí temos a Antón medindo os 50 ml de metanol necesarios en probeta


E despois mesturando para proceder á formación do metóxido. Costou un cuarto de hora disolver o hidróxido sódico no metanol. Incluso tiveron que quentar un pouco o contido do matraz sobre a placa calefactora.


Por outra banda había que medir o aceite usado sobre co que fariamos a reacción. Aquí Nerea emprega a probeta para coller 250 mL




Preparados os productos de partida so quedaba mesturalos e dar por comenzada a reacción
Así fixeron o proceso. Como podedes comprobar había varias zonas de traballo. Bieito axitaba no seu baño termostático caseiro feito con anacos de porespán nun baño quente de auga, Carlos metía no matraz o seu aceite de oliva virxe extra, Antón o seu usado e filtrado, en quente (incluso comproba a temperatura co termómetro, pero esta non chegou a superar os 39ºC). Mirade:


Aquí David amosa o momento preciso do inicio da súa síntese


E aquí o ensaio de Nazaret


E o de Carlos...ata había discusións a ver que cor era a máis chula...


Ao final acabaron axitando ben cada un a súa proba, feitas nunhas determinadas condicións (que na seguinte entrada do blog especificaremos). Despois duns 40 minutos pararon e deixaron os seus medios de reacción en repouso ata o día seguinte, confiando en observar separación de fases que denotase a presencia de biodiesel e glicerol.


No hay comentarios:

Publicar un comentario