logo sustentas

logo sustentas

viernes, 21 de febrero de 2014

BIODIESEL: DESPOIS DUN DÍA DE REPOUSO

Pasaron máis de 17 horas desde que deixamos decantando as fases do lavado. O aspecto que presentan o mércores 19 de febreiro é variado...case que todas están algo turbias pero a separación de fases é máis clara nalgunhas que noutras.
Así a de Juan, lavada con auga presentaba este aspecto coa interfase bastante escumosa (¿xabón?)


A de Carla, lavada con cloruro de sodio ao 1%, presentaba máis xabón pero acumulado por toda a fase acuosa, non só na interfase.


Parecida estaba a de Marta (lavada con auga) pero con menos xabón


A de Antón, lavada con acético ao 6%, non estaba moi mal


E a de Carlos, lavada con auga presentaba escuma pero na fase acuosa inferior. O biodiesel seguía a ser o de aspecto diferente por provir de aceite de oliva puro: moito máis amarelo.



A priori, o que mellor aspecto presentaba na separación de fases era a proba número 4 de Nazaret, lavada con acético


Imos deixar máis tempo a separación a ver se notamos melloría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario