logo sustentas

logo sustentas

viernes, 14 de marzo de 2014

OS DE INFANTIL DESDE LOGO QUE SUSTENTAN

Na etapa de infantil están a traballar moito e moi ben cos rapaces e rapazas o tema da reciclaxe.
Desta volta é Mar Somoza, a maestra de 4º INF a que nos manda fotos dunha iniciativa moi curiosa que pon en práctica na súa clase: cada vez que alguén bota algo nun contedor amarelo, azul ou verde, fai xirar os muíños de vento que teñen asociados. Ao final da mañá visitan o PLI da súa planta e, ao pasar, os muíños responden xirando. É un ritual que lles fai moita gracia aos nenos...o caso é que empezan a asociar a reciclaxe a un acto divertido coas boas consecuencias que iso traerá no futuro;-). Por certo ¡que chula a decoración da clase¡
os nosos parabéns e a seguir así...
O próximo luns, outros nenos de infantil virán ao laboratorio de secundaria para ver como se fai o biodiesel do que tanto lles fala a súa mestra...

No hay comentarios:

Publicar un comentario