logo sustentas

logo sustentas

martes, 1 de abril de 2014

BIODIESEL: ÚLTIMAS PROBAS DE VISCOSIDADE



Hoxe martes rematamos de caracterizar o biodiesel obtido nas distintas probas de reacción levadas a cabo. Quedábanos medir a viscosidade cinemáticas das probas 10 e 12. Deixámolas para o final porque eran as que peor aspecto presentaban. E a medida de viscosidades confirmouno.
Na proba 12 apareceran rastros de xabóns que poñçia en dúbida a calidade do biodiesel obtido. Pero era moi pouca cantidade, case que inapreciable e os valores de viscosidade son similares aos obtidos noutras probas, e caen dentro do marco legal.
A 23ºC o tempo de baixada no viscosímetro de Cannon-Fenske foi de 9 min 2 s mentres que a 40ºC foi de 6 min 10 s, o cal se traduce nuns valores de viscosidade de 7,6 cSt e 5,2 cSt respectivamente.
Porén, a proba número 10 foi un fiasco absoluto. Xa apuntaba mala pinta porque a formación de xabóns nela era continua e tal debe ser esta cantidade que foi imposible a medida de viscosidade no aparello de Cannon-Fenske tipo 100 do que dispoñemos. Era tan viscoso que non baixaba polo capilar. Evidentemente temos que descartalo. Foi unha proba onde a reacción non saiu ben, demasiada sosa que deu lugar a xabóns probablemente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario