logo sustentas

logo sustentas

martes, 29 de septiembre de 2015

¡¡¡¡EMPEZAMOS A 3ª CAMPAÑA!!!!

Por terceiro ano consecutivo poñemos en marcha unha nova campaña de reciclaxe no colexio.
O primeiro ano foi duro pola implantación das infraestruturas e a creación dunha dinámica ata ese momento descoñecida.
O segundo empezamos a ver os froitos; adiviñábase unha conciencia colectiva de reciclaxe.
Este ano esperamos que sexa o da confirmación das expectativas.
Seguiremos intentando manter os bos números de recollida rexistrados ata o de agora. Se o primeiro ano o aceite foi a estrela, o ano pasado a recollida de tapóns arrasou por completo.
¿Que esperamos de novo? Pois principalmente que se incrementen as entradas neste blog de moitos membros da comunidade educativa, principalmente alumnos e alumnas e que o tema da reciclaxe se estude ao longo do curso desde os diferentes puntos de vistas dunha ou doutra materia.
En definitiva, benvidos todos a bordo...zarpamos¡¡¡¡

viernes, 19 de junio de 2015

CELEBRAMOS O PREMIO COS GAÑADORES NA ESO

Neste 2º ano de campaña de reciclaxe no centro, dentro do programa de Sustentabilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia, o gañador absoluto na ESO foi a clase de 1ºB polo seu volume de recollida, a súa participación no blog "etisustentas" e a súas respostas nos retos de investigación propostos. En segunda posición quedou a clase de 1ºA. Polo tanto hora era xa de que recibiran o premio correspondente a tan edificante labor.
Por iso vivimos con eles, o mércores 17, unha xornada lúdico-festiva na que percorremos os montes de Narahío por preciosos roteiros que nos fixeron gozar da fermosa paisaxe que rodea ao famoso Castelo, e nos levaron á área recreativa da Cobeluda, onde, cansos de andar baixo un sol de xustiza, se puideron refrescar na súa piscina natural, para rematar repoñendo forzas cunha churrascada onde se "puxeron as botas".
Vivimos unha bonita xornada de convivencia nun entorno precioso que reforza a nosa convicción de coidar o medio ambiente traballando ano tras ano en campañas como estas...parabéns a todos os participantes nela, son só aos gañadores.

Aquí vemos ao grupo empezando a xornada

 

En pouco tempo chegamos ás inmediacións do Castelo, onde puidemos inmortalizar o momento nunha fermosa fotografía



A ruta endurecíase por momentos, sobre todo a baixada á central hidroeléctrica...



Pero finalmente chegamos, algo cansos pero contentos á zona recreativa.

Había que inmortalizar o momento coa FOTO OFICIAL dos gañadores da campaña. Aquí a tedes

jueves, 18 de junio de 2015

RESULTADOS FINAIS

Por fin temos resultados finais de recollida na campaña.
Neste último trimestre a cousa relaxouse un pouco e salvo algunha clase en concreto, a cabeza parece que non estaba nos tapóns ou nas pilas...
Aquí tedes un cadro resumo en infantil e primaria

 e na ESO obtivéronse os seguintes resultados

Se xuntamos agora todo o acumulado ata o de agora con estes datos POR FIN obtemos os resultados GLOBAIS:



Que nos permite concluir que o maior éxito desta campaña estivo nos TAPÓNS, e que a clase gañadora, sen dúbida algunha foi a de 1ºB, seguida a certa distancia pola de 1ºA.

Tamén hai que volver a facer fincapé en que este son os resultados da recollida de cada clase, pero na realidade reciclouse moito máis porque moitas entradas de material introducíronse directamente nos PLIs. Así, en tapóns, podemos asegurar que recollemos case outros tantos coma os alumnos, estimamos que puidemos chegar a 1,2 toneladas ¡¡¡¡TONELADAS¡¡ xa só de usar esta palabra dá algo de vértigo, porque non vos podedes imaxinar que volume de tapóns representa todo iso...
así é que parece que estiveramos inundados de tapóns todo o ano ;-)

Outra importante conclusión é que o noso recipiente-icono: o claki é fundamental para incentivar a recollida de aceite usado. desde que tivemos o incidente no que perdemos moitas unidades destes recipientes, a recollida perdeu intensidade, no sendo comparable á o ano pasado.
Ao final recolleuse un 60% máis de tapóns pero un 50% menos de pilas, un 35% menos de cartuchos e un 65% menos de clakis, que o ano pasado.



miércoles, 27 de mayo de 2015

OUTROS USOS ARTÍSTICOS DOS TAPÓNS...

Está claro que a recollida de tapóns é o punto estrela da nosa campaña. Levamos centos de quilos recollidos...pero desta volta, desde o departamento de orientación, quixeron darlle unha utilidade diferente.
Isabel Diéguez, a profesora de pedagoxía terapéutica, pasou unhas cantas semanas cun grupo de alumnos e alumnas cos que traballa e reforza diversas materias, construíndo unha auténtica obra de arte.
Sobre unha base de porespán foron pegando pacientemente os tapóns do tamaño e cor axeitada, de tal xeito que se fose visualizando a mensaxe que querían transmitir: hai que reciclar para coidar o planeta...
Aquí temos diferentes momentos do proceso:
Os comezos, facendo probas sobre as mesas de distintas composicións





Ensinado o proceso:


Poñendo cola nos tapóns:


Os alumnos traballando...


 Sara


Bryan e Sara


Unha proba definitiva antes de poñer o soporte de porespan





A piques de rematar:




E o resultado final:



Non so queda como resultado a mestura de cor, a mensaxe, a composición...senón que a tarefa deu pe a traballar formas xeométricas, determinación de pesos e áreas, así que desde logo, a cousa deu moito de si.
Parabéns a todos os participantes en tan interesante actividade.

miércoles, 6 de mayo de 2015

RETO DO MES DE MAIO


Para compensar, aqui tedes xa o do mes de maio.
saúdos. Xa queda pouco, hai que ir facendo balance para elixir gañador...


martes, 5 de mayo de 2015

RETO DO MES DE ABRIL


Aí vai, con moito retraso o reto do mes de Abril.
Lembra clicar en abril para acceder a él ;-)

jueves, 16 de abril de 2015

RECICLAR PILAS

Una pila de mercurio podría contaminar hasta 600000 litros de agua

 

viernes, 10 de abril de 2015

MANEIRAS DE AFORRAR PAPEL

Os españois consumimos actualmente uns 175 kg de papel por habitante e ano.

miércoles, 1 de abril de 2015

RESULTADOS MESES DE FEBREIRO E MARZO

Acumulamos a recollida de marzo á de febreiro para telo todo contabilizado antes de marchar de vacacións de Semana Santa.
Seguimos a constatar falta de regularidade nos apuntamentos, sobre todo no aceite usado porque case ningunha clase apunta os clakis que traen ao colexio. Sabémolo porque nos puntos limpos interiores (PLIs) seguen aparecendo clakis cheos de aceite máis nas follas de control de cada clase non aparecen reflectidos.
Os resultados finais destes dous meses son os seguintes



É dicir, en total uns 39,3 kg de pilas, 220,45 kg de tapóns, 20 cartuchos e 6 clakis
Seguimos recollendo moitos tapóns e 1ºB continua en cabeza. Os nosos parabéns.