logo sustentas
martes, 20 de enero de 2015
OS RETOS ESQUECIDOS...
Levamos xa catro retos mais só colgáramos un deles no blog.
Noraboa á clase de 1ºB de ESO porque está a participar intensamente e case que consegue acertar todas as respostas.
Aquí tedes o do mes de novembro
RESULTADOS INFANTIL E PRIMARIA NOVEMBRO-DECEMBRO 2014
miércoles, 17 de diciembre de 2014
RESULTADOS DE NOVEMBRO E DECEMBRO NA ESO
A piques de rematar o primeiro trimestre poñemos os resultados da recollida feita polas aulas de secundaria. Unha análise rápida amosa que se está a producir un aumento enorme da cantidade de tapóns. Pola contra a recollida de aceite paralizouse bastante, seguramente por mor do desgraciado incidente no que perdemos moitas unidades de clakis. Agora a xente ten que traer o aceite ao colexio en botellas de plástico e resulta menos cómodo e atractivo.
jueves, 13 de noviembre de 2014
ACEITE USADO
Enviamos á nosa empresa colaboradora o aceite acumulado do final do curso pasado e o principio deste...e chegamos a ¡¡250 kg!!
Isto empeza a funcionar ;-)
PRIMEIROS RESULTADOS DE RECOLLIDA NO CURSO
Aínda nos estamos poñendo a tono pero pouco a pouco chegan os resultados. Polo de agora non todas as clases están operativas pero a maior parte xa botaron a andar e xa están recollendo pilas, cartuchos, aceite e tapóns.
Os primeiros resultados do curso correspondentes aos meses de setembro e outubro indican que se recolleron uns 65,48 kg de pilas, 102,23 kh de tapóns, 36 cartuchos e 32 clakis. Máis polo miudo son os seguintes:
jueves, 16 de octubre de 2014
EMPEZAMOS COS RETOS
Trátase de unha batería de preguntas encadeadas que hai que resolver. O fío condutor será os aspectos principais da nosa campaña pero dará pé a facer preguntas paralelas que os rapaces terán que respostar buscando nas fontes que se lles ocorra.
Terán unha periodicidade mensual e aquí tedes a primeira, do mes de outubro.
martes, 30 de septiembre de 2014
OS ALUMNOS TOMAN A PALABRA...
Hoxe botamos a andar e para iso xa sabes que a fase de información é importante. Tratábase de lembrar os puntos básicos da campaña e para iso os alumnos de 3ºA colleron papel e móbil e foron pola clases de secundaria para o asunto...
Aquí vemos a Santi e a Oscar explicándose "á súa maneira" perante os de 1ºA.
Xa vedes que hai que mellorar moito, pero para ser o primeiro día e asaltalos desa maneira, non estivo mal, polo menos vése que hai gañas de facer cousas...
lunes, 29 de septiembre de 2014
AQUÍ ESTAMOS DE VOLTA...
Despois dun tempo parados por mor das vacacións e o inicio de curso, aquí estamos de novo, con ganas de empezar un ano máis a campaña de reciclaxe de materiais de refugallo no colexio de San Sadurniño.
Oficialmente comezamos a campaña o 1 de outubro, e esperamos contar coa colaboración de toda a comunidade educativa, que tan bos resultados ofreceu o ano pasado.
Aqui tedes o cartel anunciador.
Pouco a pouco iredes descubrindo o que temos pensado para este curso. En esencia será moi similar ao anterior, porque o que nos motiva á a recollida de pilas, cartuchos, tapóns e aceite, e como iso funcionou moi ben, non hai porqué cambialo. Non obstante, este ano trataremos de incidir e mellorar noutros aspectos que quedaron algo "coxos" o curso pasado. Pero, pouco a pouco, que é como máis seguras se fan as cousas...polo de agora damos o bandeirazo de saída...
Saúdos e benvidos ao noso segundo ano en verde.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







