logo sustentas

logo sustentas
Mostrando entradas con la etiqueta PLI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLI. Mostrar todas las entradas

sábado, 18 de enero de 2014

A PENÚLTIMA ETAPA DO PROCESO

Aínda non vos ensináramos o punto limpo exterior (PLEX) da nosa cadea. Agora temos o plástico a carón do papel, para que resulte máis cómodo o baleirado. Témolo colocado á entrada do edificio de secundaria.
Tamén aproveitamos esta semana para colgar o PUNTAZO verde a modo de indicador do PLI de primaria infantil.
Fixemos un repaso de como están indo as cousas por secundaria e séguese a constatar que sobre todo no 1º ciclo estano a tomar moi en serio. 
 ¡¡SEGUIMOS RECICLANDO¡¡
Primeiro plano do PLEX

Perspectiva exterior do PLEX

PUNTO LIMPO INTERIOR INF-PRIM (PLI)

lunes, 13 de enero de 2014

SEGUIMOS EXPANDÍNDONOS

Hoxe son Paula Fraga e Angel Casal os que colocan carteis en Narahío e na parada de bus de Doso para contribuir a que máis xente saiba o que estamos a facer no colexio. Grazas rapaces.


Por outra banda hoxe sinalamos máis "ostensiblemente" os puntos limpos interiores... Xa vedes cómo nos quedou, todo un PUNTAZO, iso si, verde, para non confundir ao persoal.







miércoles, 18 de diciembre de 2013

¿POR QUÉ NON MÓBILES TAMÉN?

Chegounos ao centro información sobre a recollida de móbiles para reciclar. Nun principio non tiñamos pensado incluir este produto pero visto o despliegue que estamos a levar a cabo e partindo do principio que o importante é reciclar, independentemente do material que sexa, imos metelo tamén dentro dos nosos PLIS. Na fotiño detállanse os pormenores da campaña.


INSTALADOS OS PLIS E O PUNTO DE PESADA EN PRIMARIA E INFANTIL

Despois dunha serie de peqeunos retoques podemos dicir que xa están montados os contedores xerais de pilas, cartuchos e tapóns en cada unha das plantas do edificio de primaria e infantil. No da primeira planta, xusto á entrada do edificio, tamén está a parte do aceite usado. Nas fotos podedes ver o resultado final. Os de máis éxito foron sen dúbida os arcóns onde imos depositar os tapóns das aulas, evidentemente pola decoración que traen incorporada, moi chula.
Para facer o paso das aulas ao PLI era necesario pesar e por iso se intalou na zona de secretaría da primeira planta a balanza que precisábamos para elo. Tamén nos demos conta ao facer as primeiras pesadas en secundaria que era incómodo pesar tapóns pola súa gran cantidade e pouco peso, por iso ideamos un contedor lixeiro para facer a pesada nun só paso.
Collemos unha caixa de cartón, forrámola, etiquetámola...e listo. Se temos bolsas grandes de tapóns pesámolas na caixa (tendo en conta que heberá que restar o peso da propia caixa baleira, o cal, para evitar esquecerse xa o puxemos impreso xa propia caixa). Na foto podedes ver tamén como quedou a cousa.
PLI 1ª planta

PLI 2ª planta

punto de pesada

entrada do edificio 1ª planta

PLI 3ª planta

martes, 10 de diciembre de 2013

PRIMEIROS RESULTADOS

Estamos nunha fase complicada porque aínda non completamos a cadea de reciclaxe no centro e os rapaces e rapazas xa están traendo material...os reciclabotes de secundaria desbordan nalgunhas clases (noutras non tanto) pero os grandes dos PLIS aínda non estaban operativos...ata hoxe.
Xa temos bidóns grandes para recoller as pilas. No edificio de secundaria dous, e tres no de primaria/infantil, un por cada planta. Tamén temos unha caixa para cartuchos en secundaria e outra en cada piso de primaria/infantil. E xa mercamos os arcóns de plástico para los tapóns. O de secundaria xa está montado pero os de infantil/primaria non; haberá tamén un por cada planta e serán moi chulos, con motivos infantís e todo...seguro que lles gostan. Para o aceite usado contaremos con clakis no PLI de secundaria e no de primaria (neste caso só haberá dous puntos). Tamén corroboramos que o Concello segue a recoller os tapóns para ASPANEMI, que conta cunha nave en Narón onde están acumulando para Alba, unha nena cuxos pais son desta localidade, e que sofre unha importante enfermidade cerebral dexenerativa. Ou sexa, parece que botamos a andar...
O caso é que para baleirar un pouco de tapóns as clases de secundaria puxémonos a pesar. En 1ºA  recolleron 1,7 kg, en 1º B 1 kg, en 2ºA 3 kg, en 2ºB ¡¡7,7 kg¡¡ e en 3ºESO 0,2 kg. Os de 4ºESO aínda non teñen nada. Parece que os de 2ºB arrancan forte...
Por outra banda no PLI de secundaria xa se van vendo algúns clakis cheos de aceite usado, máis que en todo o ano pasado enteiro, onde case que ningúen trouxo nada. Esperanzador.
Aquí vos deixo unha fotiño do cartel animando a reciclar aceite na entrada do edificio de secundaria.