logo sustentas

logo sustentas
Mostrando entradas con la etiqueta punto de pesada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta punto de pesada. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de febrero de 2014

APURANDO O MES DE FEBREIRO

Estamos a recoller os datos de recollida do mes e algúns parece que querer apurar para incrementar as súas cifras ;-)
Os de 3ºESO pesaban hoxe os seus reciclabotes de tapóns.
Aquí os tedes no punto de pesada de secundaria

Na balanza fixáronse ben desde logo. Así practicamos un pouco de Física e Química ¿Non? unidades de medida, aparellos...nunca vén mal.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

INSTALADOS OS PLIS E O PUNTO DE PESADA EN PRIMARIA E INFANTIL

Despois dunha serie de peqeunos retoques podemos dicir que xa están montados os contedores xerais de pilas, cartuchos e tapóns en cada unha das plantas do edificio de primaria e infantil. No da primeira planta, xusto á entrada do edificio, tamén está a parte do aceite usado. Nas fotos podedes ver o resultado final. Os de máis éxito foron sen dúbida os arcóns onde imos depositar os tapóns das aulas, evidentemente pola decoración que traen incorporada, moi chula.
Para facer o paso das aulas ao PLI era necesario pesar e por iso se intalou na zona de secretaría da primeira planta a balanza que precisábamos para elo. Tamén nos demos conta ao facer as primeiras pesadas en secundaria que era incómodo pesar tapóns pola súa gran cantidade e pouco peso, por iso ideamos un contedor lixeiro para facer a pesada nun só paso.
Collemos unha caixa de cartón, forrámola, etiquetámola...e listo. Se temos bolsas grandes de tapóns pesámolas na caixa (tendo en conta que heberá que restar o peso da propia caixa baleira, o cal, para evitar esquecerse xa o puxemos impreso xa propia caixa). Na foto podedes ver tamén como quedou a cousa.
PLI 1ª planta

PLI 2ª planta

punto de pesada

entrada do edificio 1ª planta

PLI 3ª planta