Despois dunha serie de peqeunos retoques podemos dicir que xa están montados os contedores xerais de pilas, cartuchos e tapóns en cada unha das plantas do edificio de primaria e infantil. No da primeira planta, xusto á entrada do edificio, tamén está a parte do aceite usado. Nas fotos podedes ver o resultado final. Os de máis éxito foron sen dúbida os arcóns onde imos depositar os tapóns das aulas, evidentemente pola decoración que traen incorporada, moi chula.
Para facer o paso das aulas ao PLI era necesario pesar e por iso se intalou na zona de secretaría da primeira planta a balanza que precisábamos para elo. Tamén nos demos conta ao facer as primeiras pesadas en secundaria que era incómodo pesar tapóns pola súa gran cantidade e pouco peso, por iso ideamos un contedor lixeiro para facer a pesada nun só paso.
Collemos unha caixa de cartón, forrámola, etiquetámola...e listo. Se
temos bolsas grandes de tapóns pesámolas na caixa (tendo en conta que
heberá que restar o peso da propia caixa baleira, o cal, para evitar
esquecerse xa o puxemos impreso xa propia caixa). Na foto podedes ver
tamén como quedou a cousa.
 |
PLI 1ª planta |
 |
PLI 2ª planta |
 |
punto de pesada |
 |
entrada do edificio 1ª planta |
 |
PLI 3ª planta |
No hay comentarios:
Publicar un comentario