logo sustentas

logo sustentas

miércoles, 19 de junio de 2019

PREMIO EN SECUNDARIA

Na etapa de secundaria, este curso 2018-19 houbo sen dúbida dúas clases merecedoras dun premio, 1ºA e 3ºA. Como recompensa a este esforzo puidemos gozar dun día moi divertido no acuapark de Cerceda; o tempo non acompañou moito pero deunos igual.



PREMIOS EN INFANTIL E PRIMARIA

Como xa vos comentamos este ano houbo moito movemento en infantil e primaria e ese esforzo ao final obtivo froito...¡qué menos que uns agasallos para as clases máis recicladoras!.
Aquí vos deixo unha bonita composición onde se ve ao alumnado de infantil e ao de 3ºA de primaria, feliz co seu premio.
Noraboa a todos e xa sabedes...¡que non decaia!


sábado, 15 de junio de 2019

RESULTADOS GLOBAIS DA CAMPAÑA

Isto vai rematando...e toca facer balance señores.
En liñas xerais podemos dicir que se mantivo un bo ton de recollida a pesar de que xa levamos 6 anos coa campaña e podíamos caer no desánimo. Pero non, as clases de infantil seguen a traballar moitísimo arredor da temática da reciclaxe e varias clases de primaria tamén obteñen resultados salientables. En secundaria confírmase que o compromiso é menor, mais, pola contra, este ano dúas clases, as de 1ºA, baixo a titoría de Verónica Fraga, e 3ºA, con Mar Gutiérrez como titora, implicáronse moitísimo, obtendo un volume de recollida espectacular e participando activamente na resolución dos diferentes retos propostos.
Na seguinte táboa podemos ver os números obtidos en cada clase


En base aos cales podemos proclamar GAÑADORES da campaña 2018-19 aos seguintes grupos:
1. Por suposto TODO O CONXUNTO DE EDUCACIÓN INFANTIL, moi implicado coma sempre.
2. En educación primaria a clase gañadora é 3ºA, con Laura Cabarcos como titora, por completar unha recollida moi salientable non só en cantidades totais senón en tipos de refugallo.
3. En secundaria a gañadora final é a clase de 1ºA, aínda que moi preto por detrás está a clase de 3ºA, polo que ímolos proclamar gañadores ex-aequo para que desfrutar ambos do premio final.

Hai que facer un apunte final respecto aos resultados, xa que hai entrada de tapóns, pilas, cartuchos e clakis por outras vías que non son as das clases polo que, ao final, as cantidades reais obtidas son bastante maiores. 
Redondeando os números finais podemos concluir que obtivemos preto de media tonelada de tapóns, uns 100 kg de pilas, preto de 150 cartuchos e tóners e uns 150 kg de aceite aproximadamente.
Estes valores están na liña dos obtidos o curso pasado, co cal, a conclusión máis importante que obtemos é que a campaña segue viva.

viernes, 14 de junio de 2019

OS PLÁSTICOS NOS OCÉANOS

Tamén se traballou a reciclaxe na materia de Formación Científica Básica, que a temos no noso centro de libre configuración propia. O resultado é este mural dirixido pola profesora Eva Durán sobre o problema que están a crear os plásticos nos océanos do mundo.


jueves, 13 de junio de 2019

COMPOSTAXE

Este ano volvemos a retomar a compostaxe da man de Uxío, o profesor de Promoción de Estilos de vida Saudables, que lle pode servir para botar a andar a horta ecolóxica que querer montar.
Aquí os vemos mans á obra.

COMPOSTANDO

RECOLLENDO COMPOST

PREPARANDO O TERREO

 


 FERTILIZANDO


 E SEMENTANDO






 

MESTURANDO RECICLAXE E TECNOLOXÍA

Está xenial a idea que se lles ocorreu na clase de tecnoloxía, baixo a supervisión da profesora Teresa Vispalia: fabricar unha papeleira con tapa que abrise soa a tapa ao aproximarse.
No segunte enlace podedes comprobar os detalles
https://tecnosansa.blogspot.com/2019/05/arduino.html
No seguinte vídeo podedes ver como traballaban na súa fabricación


Bravo pola iniciativa ;-)

jueves, 6 de junio de 2019

ALUMNADO DE 1ºB DE PRIMARIA

Tamén en 1ºB se traballou a reciclaxe baixo a tutela do seu titor Miguel Cases.
Aquí os podedes ver facendo recollida selectiva dos envases correspondentes.


OS TRABALLOS DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL

Como todos os anos o alumnado de infantil é un dos máis activos á hora de traballar cos materiais de reciclaxe e buscarlle unha aplicación novidosa.
Así, con material de refugallo como rolos de papel hixiénico, tapóns, molde de magdalenas, culleres de plástico, bandexas de porexpan, botellas de auga, bricks de leite/zume ou vasos de iogur, todo o alumnado de infantil aposta pola reciclaxe para aprender. Nas seguintes fotos tedes unha mostra do que fixeron: xogos ABN, morcegos polo Samaín, un precioso cabaliño de mar, contenedores de castañas no magosto, calendario de advento epostais de Nadal, bonecos de neve en inverno, flores decoradas para a primavera e toda clase de peixes no mural "No fondo do mar...todos somos iguais". Tamén traballou o alumnado de 5º de infantil, que elaborou as súas propias obras de arte seguindo o estilo de Joan Miró.





martes, 4 de junio de 2019

CANCIONEIRO DA RECICLAXE

O alumnado de 3º de secundaria creou un cancioneiro moi especial: O cancioneiro da reciclaxe. Preme aquí se queres coñecelo.

sábado, 1 de junio de 2019

BRAVO POLA INICIATIVA

Desde o colexio queremos felicitar ao Concello de San Sadurniño pola gran iniciativa ecolóxica deste mes.
Xa sabedes que acabamos de pasar unha tempada importatnes de eleccións, tanto nacionais como municipais...e podedes imaxinar a cantidade enorme de papel que se despilfarra en papeletas que despois non sabemos onde rematan...
Pois ben en San Sadurniño vanas convertir en cadernos de notas...
Aquí vos deixo o enlace á nova publicada na prensa.

domingo, 21 de abril de 2019

RETO Nº 5: O DERRADEIRO



O curso 2018-19 está rematando e quizais esta sexa a última oprtunidade que tedes para conseguir puntos mediante buscas de información e aproximarvos mais ao premio final. Preme aquí se o queres intentar.

viernes, 15 de marzo de 2019

miércoles, 13 de febrero de 2019