logo sustentas

logo sustentas

martes, 22 de diciembre de 2015

RESULTADOS NOVEMBRO-DECEMBRO EN SECUNDARIA

Xa temos datos de recollida en secundaria nos 2 últimos meses. En primaria aínda está un pouco incompleto así que imos esperar un pouco máis.
Os tapóns parece que seguen a ser o produto-estrela


miércoles, 16 de diciembre de 2015

SUXESTIÓNS DE LECTURA: Viaje a la sostenibilidad. Una guía para la escuela

Viaje a la sostenibilidad. Una guía para la escuela de Joseba Martínez Huerta ofrécenos unha aproximación á sustentabilidade ou sostibilidade dende a escola, propoñendo actividades e ferramentas diversas.


martes, 8 de diciembre de 2015

martes, 1 de diciembre de 2015

SUXESTIÓNS DE LECTURA: La cultura que hace el paisaje

Pedro Montserrat, experto en botánica, ecoloxía e paisaxes rurais, invítanos a coñecer mellor os ecosistemas de montaña e a reflexionar sobre o impacto das nosas accións nestes.


domingo, 15 de noviembre de 2015

PRIMEIROS RESULTADOS DO CURSO

Estamos arrancando e iso nótase. De todos os xeitos xa temos resultados de recollida en case todas as clases nos dous primeiros meses de curso. Son estes para infantil e primaria




e estes para secundaria



Polo que se pode comprobar, os tapóns seguen a confirmarse como o produto estrela da recollida, as pilas recóllense en boa cantidade, os cartuchos de impresora experimentan un repunte pero o aceite prosegue a súa caída en picado...


lunes, 9 de noviembre de 2015

SUXESTIÓNS DE LECTURA: Atlas básico de ecología

O Atlas básico de ecología de José Tola e Eva Infiesta permíteche achegarte de forma entretida ao mundo da ecoloxía, proporcionándoche información sobre coma reciclar papel na casa, reutilizar a auga, etc..


lunes, 2 de noviembre de 2015

RETO DE NOVEMBRO


Aquí vos deixo o novo reto da campaña correspondente ao mes de novembro. Fai clic enriba do mes e accede ao documento. Sorte¡¡¡

lunes, 26 de octubre de 2015

SUXESTIÓNS DE LECTURAS

A nosa biblioteca atesoura moitos fondos de interese relacionados coa sustentabilidade, a paisaxe, a protección do medio ambiente... Por iso, queremos aproveitar a oportunidade que nos ofrece este blogue para presentarvos algúns deles.
Ecología: 105 ideas clave é un libro escrito por Rafael Giraldo e Teo Gómez que pretende achegarnos ás cuestións medioambientais que afectan ao presente e ao futuro do noso planeta: o cambio climático, o desenvolvemento sostible, a desertización, etc..

domingo, 18 de octubre de 2015

ECO-PEQUE CONSELLOS

O alumnado do 5º nivel de Educación Infantil neste segundo ano colaborando no proxecto imos traballar o coidado do medioambiente elaborando a nosa Axenda verde  para conmemorar días especiais dende o punto de vista ecolóxico e aprender un lema referente  a esa data.
E no  mes de Setembro  traballamos a importancia de reutilizar as bolsas  plásticas e de reducir o seu uso, e aprendimos o primeiro lema "Non grazas , non quero bolsas de plástico".



martes, 6 de octubre de 2015

XA EMPEZAMOS COS TAPÓNS...

Parece que cos tapóns a cousa segue polo mesmo camiño que o ano pasado.
Hoxe tivemos que chamar de urxencia ao Concello que nos viñeran a retirar os tapóns que tiñamos acumulados no centro, por risco de afogar entre eles, ja ja
En serio, había como ¡¡¡15 sacas de lixo de 50 L cheas!!! unha pasada
aquí vos deixo testimonio gráfico, non é ningunha esaxeración. Aínda faltaba por cargar máis da metade do que había
¡Que non decaia!




domingo, 4 de octubre de 2015

NOVO RETO NA CAMPAÑA


Empezamos a campaña 2015-2016 e nela non podían faltar os retos de busca e investigación que lles propoñemos aos alumnos/as de secundaria.
Aí vai o primeiro, correspondente ao mes de outubro.
¡¡sorte!!

martes, 29 de septiembre de 2015

¡¡¡¡EMPEZAMOS A 3ª CAMPAÑA!!!!

Por terceiro ano consecutivo poñemos en marcha unha nova campaña de reciclaxe no colexio.
O primeiro ano foi duro pola implantación das infraestruturas e a creación dunha dinámica ata ese momento descoñecida.
O segundo empezamos a ver os froitos; adiviñábase unha conciencia colectiva de reciclaxe.
Este ano esperamos que sexa o da confirmación das expectativas.
Seguiremos intentando manter os bos números de recollida rexistrados ata o de agora. Se o primeiro ano o aceite foi a estrela, o ano pasado a recollida de tapóns arrasou por completo.
¿Que esperamos de novo? Pois principalmente que se incrementen as entradas neste blog de moitos membros da comunidade educativa, principalmente alumnos e alumnas e que o tema da reciclaxe se estude ao longo do curso desde os diferentes puntos de vistas dunha ou doutra materia.
En definitiva, benvidos todos a bordo...zarpamos¡¡¡¡

viernes, 19 de junio de 2015

CELEBRAMOS O PREMIO COS GAÑADORES NA ESO

Neste 2º ano de campaña de reciclaxe no centro, dentro do programa de Sustentabilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia, o gañador absoluto na ESO foi a clase de 1ºB polo seu volume de recollida, a súa participación no blog "etisustentas" e a súas respostas nos retos de investigación propostos. En segunda posición quedou a clase de 1ºA. Polo tanto hora era xa de que recibiran o premio correspondente a tan edificante labor.
Por iso vivimos con eles, o mércores 17, unha xornada lúdico-festiva na que percorremos os montes de Narahío por preciosos roteiros que nos fixeron gozar da fermosa paisaxe que rodea ao famoso Castelo, e nos levaron á área recreativa da Cobeluda, onde, cansos de andar baixo un sol de xustiza, se puideron refrescar na súa piscina natural, para rematar repoñendo forzas cunha churrascada onde se "puxeron as botas".
Vivimos unha bonita xornada de convivencia nun entorno precioso que reforza a nosa convicción de coidar o medio ambiente traballando ano tras ano en campañas como estas...parabéns a todos os participantes nela, son só aos gañadores.

Aquí vemos ao grupo empezando a xornada

 

En pouco tempo chegamos ás inmediacións do Castelo, onde puidemos inmortalizar o momento nunha fermosa fotografía



A ruta endurecíase por momentos, sobre todo a baixada á central hidroeléctrica...



Pero finalmente chegamos, algo cansos pero contentos á zona recreativa.

Había que inmortalizar o momento coa FOTO OFICIAL dos gañadores da campaña. Aquí a tedes

jueves, 18 de junio de 2015

RESULTADOS FINAIS

Por fin temos resultados finais de recollida na campaña.
Neste último trimestre a cousa relaxouse un pouco e salvo algunha clase en concreto, a cabeza parece que non estaba nos tapóns ou nas pilas...
Aquí tedes un cadro resumo en infantil e primaria

 e na ESO obtivéronse os seguintes resultados

Se xuntamos agora todo o acumulado ata o de agora con estes datos POR FIN obtemos os resultados GLOBAIS:



Que nos permite concluir que o maior éxito desta campaña estivo nos TAPÓNS, e que a clase gañadora, sen dúbida algunha foi a de 1ºB, seguida a certa distancia pola de 1ºA.

Tamén hai que volver a facer fincapé en que este son os resultados da recollida de cada clase, pero na realidade reciclouse moito máis porque moitas entradas de material introducíronse directamente nos PLIs. Así, en tapóns, podemos asegurar que recollemos case outros tantos coma os alumnos, estimamos que puidemos chegar a 1,2 toneladas ¡¡¡¡TONELADAS¡¡ xa só de usar esta palabra dá algo de vértigo, porque non vos podedes imaxinar que volume de tapóns representa todo iso...
así é que parece que estiveramos inundados de tapóns todo o ano ;-)

Outra importante conclusión é que o noso recipiente-icono: o claki é fundamental para incentivar a recollida de aceite usado. desde que tivemos o incidente no que perdemos moitas unidades destes recipientes, a recollida perdeu intensidade, no sendo comparable á o ano pasado.
Ao final recolleuse un 60% máis de tapóns pero un 50% menos de pilas, un 35% menos de cartuchos e un 65% menos de clakis, que o ano pasado.



miércoles, 27 de mayo de 2015

OUTROS USOS ARTÍSTICOS DOS TAPÓNS...

Está claro que a recollida de tapóns é o punto estrela da nosa campaña. Levamos centos de quilos recollidos...pero desta volta, desde o departamento de orientación, quixeron darlle unha utilidade diferente.
Isabel Diéguez, a profesora de pedagoxía terapéutica, pasou unhas cantas semanas cun grupo de alumnos e alumnas cos que traballa e reforza diversas materias, construíndo unha auténtica obra de arte.
Sobre unha base de porespán foron pegando pacientemente os tapóns do tamaño e cor axeitada, de tal xeito que se fose visualizando a mensaxe que querían transmitir: hai que reciclar para coidar o planeta...
Aquí temos diferentes momentos do proceso:
Os comezos, facendo probas sobre as mesas de distintas composicións





Ensinado o proceso:


Poñendo cola nos tapóns:


Os alumnos traballando...


 Sara


Bryan e Sara


Unha proba definitiva antes de poñer o soporte de porespan





A piques de rematar:




E o resultado final:



Non so queda como resultado a mestura de cor, a mensaxe, a composición...senón que a tarefa deu pe a traballar formas xeométricas, determinación de pesos e áreas, así que desde logo, a cousa deu moito de si.
Parabéns a todos os participantes en tan interesante actividade.

miércoles, 6 de mayo de 2015

RETO DO MES DE MAIO


Para compensar, aqui tedes xa o do mes de maio.
saúdos. Xa queda pouco, hai que ir facendo balance para elixir gañador...


martes, 5 de mayo de 2015

RETO DO MES DE ABRIL


Aí vai, con moito retraso o reto do mes de Abril.
Lembra clicar en abril para acceder a él ;-)

jueves, 16 de abril de 2015

RECICLAR PILAS

Una pila de mercurio podría contaminar hasta 600000 litros de agua

 

viernes, 10 de abril de 2015

miércoles, 1 de abril de 2015

RESULTADOS MESES DE FEBREIRO E MARZO

Acumulamos a recollida de marzo á de febreiro para telo todo contabilizado antes de marchar de vacacións de Semana Santa.
Seguimos a constatar falta de regularidade nos apuntamentos, sobre todo no aceite usado porque case ningunha clase apunta os clakis que traen ao colexio. Sabémolo porque nos puntos limpos interiores (PLIs) seguen aparecendo clakis cheos de aceite máis nas follas de control de cada clase non aparecen reflectidos.
Os resultados finais destes dous meses son os seguintes



É dicir, en total uns 39,3 kg de pilas, 220,45 kg de tapóns, 20 cartuchos e 6 clakis
Seguimos recollendo moitos tapóns e 1ºB continua en cabeza. Os nosos parabéns.

lunes, 23 de marzo de 2015

RECICLAXE EN SANSADURNIÑO

PORQUE RECICLAMOS NO COLEXIO?

Nos reciclamos no colexio para na axudar o medio ambiente e non contaminar o noso planeta.

CANTO RECICLAMOS  NA AULA?

TAPONS :  reciclamos na nosa aula, pesamos e botamos a un colector os tapóns que traen os alumnos;    por agora temos reciclados 37,750kg na nosa aula.


PILAS:  traemos moitos tipos de pilas por exemplo:

                  - Moi pequenas temos 27 pilas.

                  - Pequenas: temos 12 pilas.

                 -Medianas: non temos ningúnha.

                 - Grandes: temos 5 pilas.

PAPEIS:  Papeis temos moitos ,ademáis, ágora fixemos unha caixa para o papel na biblioteca.


- Tamén temos un apartado para cartuchos de impresora e un para o plástico.



- OS RETOS: Facemos uns retos que serven pare gañar unha excursión (o curso que gañe ).






jueves, 19 de marzo de 2015

IMPACTO AMBIENTAL DA EXPLOTACIÓN DA MADEIRA

A madera é fácil de reciclar, tanto ela coma os seus derivados. Sen embargo, contamina a auga e o aire polos productos químicos que se utilizan para producir (descompoñer a madeira) e blanquear o papel.

A industria papeleira emplea (e contamina) sobre quince toneladas de auga por cada tonelada de papel novo que produce, e duas toneladas por cada tonelada de papel reciclado que produce.


Nesta imaxe , tedes un enlace a unha web con consellos e datos interesantes sobre o reciclaxe:
http://www.salvemosnuestroplaneta.com/SalvemosPlaneta/oceanoc2.planeta?goto=ecologia_oc_11

lunes, 9 de marzo de 2015

sábado, 7 de marzo de 2015

martes, 10 de febrero de 2015

RESULTADOS MES DE XANEIRO

Empezamos o ano algo frouxos. Estamos aínda ubicándonos e hai clases que non levan o reconto moi actualizado. Non importa. Incorporaremos os datos nos meses seguintes. 
De todos os xeitos unha análise rápida permite constatar que o incidente-accidente dos clakis, no que perdemos un cento de envases, está a afectar seriamente á campaña de recollida, detectándose unha diminución moi significativa dos litros de aceite usado. 
Pola contra a cantidade de tapóns recollidas é enorme, estando os bauis dos edificios sempre cheos...




RETO MES DE FEBREIRO


Aquí tedes unha nova entrega dos retos mensuais de busca de información. Desta volta,a do mes de febreiro.  E os alumnos de 1ºB seguen imparables ;-)

martes, 20 de enero de 2015

RETO DE XANEIRO



Empezamos o ano co reto de Xaneiro, a ver que tal se lles da iso da busca bibliográfica...

RETO DE DECEMBRO



E aquí tedes o de Decembro

OS RETOS ESQUECIDOS...


Levamos xa catro retos mais só colgáramos un deles no blog.
Noraboa á clase de 1ºB de ESO porque está a participar intensamente e case que consegue acertar todas as respostas.
Aquí tedes o do mes de novembro

RESULTADOS INFANTIL E PRIMARIA NOVEMBRO-DECEMBRO 2014

Cun pouco de retraso, aí van os resultados dalgunhas clases de primaria e infantil no tramo final do ano pasado. Obsérvase un pouco de relaxación no volume de recollida este curso. Haberá que lembrar un pouco a filosofía da campaña ;-)