logo sustentas

logo sustentas

miércoles, 4 de diciembre de 2013

TERMINOLOXÍA BÁSICA

Estoume dando conta que ao contarvos esta historia que estamos poñendo en marcha en San Sadurniño escribin algúns termos que teñen un significado moi específico, incluso algún que lle pode poñer os pelos de punta a algún académico, pero que nós imos tomarmos esa licenza e empregar a cotío.
Compre aclaralos para saber a qué nos referimos ao empregalos:
  1. Reciclabotes: serán de aquí en diante eses garrafóns de agua de 5L "tuneados" polos alumnos/as de cada aula. Serán a primeira etapa da cadea da reciclaxe ao ser os primeiros en recibir o que traian os rapaces.
  2. Punto limpo en interiores (PLIS): chamarémoslle así ao conxunto de recipientes que haberá na entrada do edificio de secundaria e en cada unha das tres plantas do edificio de primaria, destinados ao depósito en grandes cantidades de pilas, cartuchos, tapóns e aceite usado. Serán a segunda etapa da cadea de reciclaxe, xa que neles se botará o contido dos reciclabotes.
  3. Punto limpo no exterior (PLEX): zona do patio do colexio onde se agrupan os contedores grandes da recollida selectiva de lixo. Realmente só están xuntos os de papel e plástico, ao lado dos vestiarios das cociñeiras. O de orgánicos, por motivos de hixiene, seguen na parte traseira do comedor escolar.
  4. Encargado: persoa que terá que levar en cada aula, por un periodo máximo de 1 mes, o control dos produtos depositados nos reciclabotes e baleirar o contido destes no PLIS e do papel e plástico no PLEX.
  5. Entidade colaboradora (ENCOL): Organismo co que estamos en contacto para levar a cabo a última parte do proceso, que é o transporte e/ou tratamento do refugallo recollido no colexio. En concreto o Concello esperamos que colabore na recollida de tapóns e pilas, "BTR Sostenible" nos cartuchos/toners e Procesadora Gallega de Alimentos (División Verde) no aceite usado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario