logo sustentas

logo sustentas
Mostrando entradas con la etiqueta resultados mensuais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta resultados mensuais. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de abril de 2014

RESULTADOS RECOLLIDA MES DE MARZO

Xa temos o balance do mes de marzo no proceso de recollida de tapóns, pilas, clakis e cartuchos.
A conclusión é que algunhas aulas estanse a relaxar e outras seguen intensificando o proceso. En termos globais seguimos a manter un alto nivel de recollida: 
53,6 kg de pilas + 73,2 kg de tapóns + 36 cartuchos + 42 clakis
De todos os xeitos tamén se está a comprobar o feito de que os datos apuntados na folla de recollida non sempre coinciden estritamente coa realidade, sobre todo no caso dos clakis, porque o número de unidades que están a aparecer en secundaria son moi elevados e, porén, no reconto por aulas non se chegan a esa cifras. É un aspecto no que teremos que reincidir.

En infantil e primaria os resultados son estes:

Mentres que na ESO temos os seguintes
A conclusión é que as clases de 1ºB e 2ºB son claramente as máis comprometidas coa causa e manterán un interesantísimo pulso ata o final para ver que chega primeiro...  


lunes, 17 de marzo de 2014

RESULTADOS MES DE FEBREIRO EN INFANTIL E PRIMARIA

Xa temos os resultados de todas as clases nas etapas de infantil e primaria. Non podemos máis que sorprendernos gratamente por como están a ir as cousas...parece que non hai moito movemento pero despois chegan os resultados globais por mes e un dáse conta da gran cantidade de refugallos que evitamos que rematen onde non deben...
Fixádevos que só no mes de febreiro en todo o colexio acabamos recollendo:
43,93 kg de pilas + 115,71 kg de tapóns + 17 cartuchos + 50 clakis


Concretamente, en infantil e primaria temos o seguinte:



¡PARABÉNS PARA TODOS!

viernes, 28 de febrero de 2014

RESULTADOS MES DE FEBREIRO NA ESO

Xa temos os datos de recollida no mes de febreiro na ESO. Son os que podedes ver na seguinte táboa:


Os da parte de primaria e infantil están incompletos así que lles imos dar un pouco máis de tempo para publicalos todos xuntos.
Unha análise rápida na ESO segue amosando que as clases de 1ºB e 2ºB son as máis activas, pero o importante é constatar que case todos seguen participando en maior ou menor grao. Destaca a recollida de aceite usado que de non haber case ningún claki recollido o ano pasado, pasamos a recibir case un ao día.
Non podemos facer outra cousa que congratularnos por iso ;-)

miércoles, 5 de febrero de 2014

MÁIS DATOS

Faltaban algúns datos das clases de primaria, pero van chegando.
Rita dinos que en 3º PRIM. levan recollidos uns 4kg de tapóns e 15 pilas. Belén, a titora de 5º PRIM. ten apuntados uns 10,6 kg de tapóns e 0,20 kg de pilas así como un par de cartuchos de tinta e 11 clakis. Juan Carlos, o titor de 2º PRIM, leva contabilizados 1,1 kg de tapóns, 11 pilas e 2 clakis.
¡Pois todo suma¡ e aquí sumamos e seguimos
Por certo ¿lembrades que onte vos contaba que estamos traballando o tema do aceite usado cun grupo de 4ºESO? pois ben, hoxe comprobamos de xeito irrefutable que o aceite que vén nos clakis contén auga, e nunha cantidade salientable. Senón mirade como apareceu hoxe o funil de decantación despois de 16 horas en repouso, e iso que non quentaramos nada, só axitamos con forza unha cantas veces. O amarelo da capa inferior é auga e outros restos. O que nos interesa é a parte superior, menos densa: o aceite.
¡¡Haberá de secar logo¡¡

viernes, 31 de enero de 2014

RESULTADOS DE XANEIRO

Xa temos a maior parte dos resultados do mes de xaneiro.
Unha análise rápida permítenos comprobar que en primaria a cousa non vai tan ben como pensabamos, pero seguro que remontan;-)
Algunhas clases aínda non recolleron datos... pero hainos. Actualizarémolos no seu momento. Algunhas de infantil están esperando a conectar co currículo no momento axeitado pero tamén acabarán meténdose no tema. E o que parece máis claro que hai dous "cabalos" que se adiantan na carreira e xa lle sacan máis dun corpo de vantaxe aos demáis: son as clases de 1ºB e 2º B de ESO. ¡Tremendos¡ non paran de traer pilas e tapóns.
¡BRAVO¡

martes, 10 de diciembre de 2013

PRIMEIROS RESULTADOS

Estamos nunha fase complicada porque aínda non completamos a cadea de reciclaxe no centro e os rapaces e rapazas xa están traendo material...os reciclabotes de secundaria desbordan nalgunhas clases (noutras non tanto) pero os grandes dos PLIS aínda non estaban operativos...ata hoxe.
Xa temos bidóns grandes para recoller as pilas. No edificio de secundaria dous, e tres no de primaria/infantil, un por cada planta. Tamén temos unha caixa para cartuchos en secundaria e outra en cada piso de primaria/infantil. E xa mercamos os arcóns de plástico para los tapóns. O de secundaria xa está montado pero os de infantil/primaria non; haberá tamén un por cada planta e serán moi chulos, con motivos infantís e todo...seguro que lles gostan. Para o aceite usado contaremos con clakis no PLI de secundaria e no de primaria (neste caso só haberá dous puntos). Tamén corroboramos que o Concello segue a recoller os tapóns para ASPANEMI, que conta cunha nave en Narón onde están acumulando para Alba, unha nena cuxos pais son desta localidade, e que sofre unha importante enfermidade cerebral dexenerativa. Ou sexa, parece que botamos a andar...
O caso é que para baleirar un pouco de tapóns as clases de secundaria puxémonos a pesar. En 1ºA  recolleron 1,7 kg, en 1º B 1 kg, en 2ºA 3 kg, en 2ºB ¡¡7,7 kg¡¡ e en 3ºESO 0,2 kg. Os de 4ºESO aínda non teñen nada. Parece que os de 2ºB arrancan forte...
Por outra banda no PLI de secundaria xa se van vendo algúns clakis cheos de aceite usado, máis que en todo o ano pasado enteiro, onde case que ningúen trouxo nada. Esperanzador.
Aquí vos deixo unha fotiño do cartel animando a reciclar aceite na entrada do edificio de secundaria.