Aínda non vos ensináramos o punto limpo exterior (PLEX) da nosa cadea. Agora temos o plástico a carón do papel, para que resulte máis cómodo o baleirado. Témolo colocado á entrada do edificio de secundaria.
Tamén aproveitamos esta semana para colgar o PUNTAZO verde a modo de indicador do PLI de primaria infantil.
Fixemos un repaso de como están indo as cousas por secundaria e séguese a constatar que sobre todo no 1º ciclo estano a tomar moi en serio.
¡¡SEGUIMOS RECICLANDO¡¡
![]() |
Primeiro plano do PLEX |
![]() |
Perspectiva exterior do PLEX |
![]() |
PUNTO LIMPO INTERIOR INF-PRIM (PLI) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario