Onte foron Juan, Verónica e Carla os que puxeron as súas probas de síntese. Todos a temperatura ambiente, pero Juan empregando 1,5 gramos de sosa, usando aceite usado secado en microondas, case que sen axitar e deixando o medio de reacción nun funil de decantación; Carla empregou 1 gramo de sosa, aceite usado secado suavemente e axitando só 10 minutos e por último Verónica fixo o mesmo que Carla pero usando 1,5 gramos de sosa.
A posta en marcha da reacción parecía algo precipitada pola premura de tempo pero hoxe observamos os resultados:
![]() |
a reacción de Juan |
![]() |
a interfase |
![]() |
as probas de Carla e Verónica |
E a verdade é que o aspecto non é tan malo. Os medios de reacción son clariños, apenas hai emulsión, co cal a formación de xabóns non parece ser significativa, e incluso a separación da glicerina parece moi nítida. Polo menos as probas son reproducibles porque son similares aos obtidos por Nerea ou Nazaret en condicións similares.
Parece constatarse que secar o aceite no microondas faino máis clariño, que é suficiente con 1 gramo de sosa por cada 250 mL de aceite e 50 mL de metanol, e que non fai falta quentar moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario