Esta semana Lola, a titora de 6ºPRIM mándame unhas fotiños para ilustrar o que se preocupan nesta clase polo medio ambiente.
Nun colexio hai moreas de papel que se estraga...¿Por qué non darlle un uso máis productivo?
E pouco a pouco foron saíndo ideas e o resultado é moi orixinal. Temos lapiceiros, caixas multiusos, un portamacetas e ata unha especie de réplica de ADN...
O importante non é tanto a calidade do rematado como a idea de converter en útil o que iamos desbotar, esa a filosofía que tratamos de introducir nos rapaces e rapazas deste colexio...e parece que os de 6ºPRIM aprenden rápido.
Parabéns
 |
preparando o papel |
 |
elixindo a caixa que iamos tirar... |
 |
esta por exemplo |
 |
traballando nela |
 |
mira que chula quedou |
 |
outro momento do proceso |
 |
alehop, un cesto "tradicional" |
 |
un pousavasos |
 |
que tes unha planta...non hai problema |
 |
xogando a ser científico construindo un ADN |
 |
para os lápices tamén hai aplicación |
No hay comentarios:
Publicar un comentario