Está a rematar febreiro. A semana que vén pasarei polas clases a recoller as follas de control de recollida, pero hoxe facémoslle unha mención especial á clase de 1ºB de ESO que se está a tomar a campaña moi en serio. En dura pugna coa de 2ºB, non paran de traer tapóns e pilas, sobre todo. Agora parece que están a tomar algo de vantaxe...a semana que vén confirmaremos pero polo de agora o seguinte cadro en 17 días de recollida é máis que significativo: ¡¡máis de 21 quilogramos de tapóns¡¡ ¡¡que barbaridade¡¡.
felicidades
Na outra cara da moeda segue 3ºESO, curso no que a recollida selectiva estanos a deixar con demasiada frecuencia fotos como esta na que o papel se mestura co plástico
Seguiremos insistindo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario