

Temos claro que para conseguir que a
campaña sexa un éxito temos que levar a cabo unha ardua e dificil tarefa
de INFORMACIÓN previa. Démoslle moitas voltas aos diferentes métodos
pero ao final lanzámonos da man dos protagonistas principais de todo
isto: OS ALUMNOS.Dixémosnos ¿por qué non lle explican uns alumnos a
outros o que intentamos construir?. Dito e feito. Collín aos alumnos de
PDC e despois dunha sesión de formación na que lles contei
pormenorizadamente en que consistía isto do plan proxecta e máis
concretamente o da sustentabilidade e paisaxe no que nos metemos, o que
íamos por en marcha no centro, os premios que podíamos recibir (nunca
falla...) considerei que estaban suficientemente preparados para
lanzarse á piscina.
Tiña verdadeiro interese en que saíse
ben por dous motivos diferentes. O primeiro era porque o que vai facer
bo o proxecto é o grao de de implicación dos alumnos e ¿quen mellor para
explicarllo que eles mesmos?. E segundo porque iso de falar en publico
dun tema serio coma este, de ver como asumían esa responsabilidade
permitiríame traballar con este grupo de 7 alumnos de PDC esas
habilidades dun xeito moi directo. E abofé que saiu ben. Houbo nervios
ao principio pero pouco a pouco gañaron en seguridade e acabárono
facendo moi ben. Entre as súas explicacións e as miñas arengas, creo que
conseguimos despertar o interese de case todos. Nun só día, durante 3
sesións lectivas, pasamos polas outras 7 aulas de ESO e 1 de primaria.
Quédanos o resto de aulas do colexio para outro día.


Déixovos foto do transcurso da charla.
Nela os alumnos explicaron as 6 liñas de actuación, como ían ser os
recipientes da recollida de pilas, tapóns, aceite e cartuchos, onde ían
estar, como se ía levar o control da recollida, quen se ía encargar, que
recompensa poderían ter ao final os mellores...e tamén presentaron ás
nosas mascotas. Persoaxes que xa tiñamos no colexio, sobre todo en
infantil, para este tipo de campañas, ainda que tivemos que crear outras
novas para completar o plantel...aquí vos deixo a claki, cartinta,
pili, taponchu, comilón, cartúnez, plastichín, vidriolo e compos. Son
unha boa excusa para intentar que se identifique dun xeito inequívoco
cada parte da campaña.
Parece que algo se move xa¡¡¡