logo sustentas

logo sustentas
Mostrando entradas con la etiqueta composteiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta composteiros. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de enero de 2014

HAI CARTA...

Á  volta de vacacións recibimos unha carta, e non era dos Reis nin de Papá Noel. 
Temos un novo amigo que se chama  COMPOS. Quere que lle levemos follas que aparezan polo patio e tamén algúns restos das nosas merendas.
Polo visto ten moita fame. Nas vacacións ninguén lle levou nada de comer.
Tranquilo COMPOS que te levaremos algo nos vindeiros días.




miércoles, 18 de diciembre de 2013

ONDE VAN AS FOLLAS?




Cada outono o patio de infantil énchese de follas. Decidimos recollelas e nos preguntamos que podemos facer con tantas follas?. Como xa traballamos con elas nas clases tiñamos que buscarlles outro lugar.  No cole cada cousa ten o seu sitio os plásticos en Plastichín, o papel en Cartúnez e os restos da froita en Comilón e as follas onde? Descubrimos que moi cerca do edificio de secundaria, onde están os maiores, había unhas caixas verdes e pensamos que as podíamos meter dentro. 
Que pode ser esa caixa verde? Para que servirá? ...teremos que investigar e á volta das vacacións volveremos a ver se aínda seguen alí as follas.  O proxecto está en marcha.


Recollendo as follas no patio.




Unha vista a Compos.





sábado, 30 de noviembre de 2013

POÑÉMONOS A ANDAR

Os comezos sempre son complicados, sobre todo cando hai que mobilizar a centos de persoas...
esta semana, despois de reunións entre os profesores implicados e coa dirección decidimos pasar á acción.
Lois xa instalou os composteiros cos seus "cachorros de PDC" (un grupo de alumnos aos que lle temos un cariño especial e cos que traballamos dun xeito distinto e moi agradecido). Póñovos unhas fotiños do resultado final. Agora serán os alumnos de infantil e primaria, principalmente, os encargados de alimentar e coidar o composteiro, para que se poida comprobar a final de curso que algo como os restos orgánicos, en vez de ir a parar ao lixo, poden servir para alimentar uns bichiños que nolo van agradecer fabricándonos compost, esa substancia tan boa para as terras de cultivo.