logo sustentas
jueves, 8 de diciembre de 2016
RETO Nº3: DECEMBRO
E xa para poñernos ao día...aí vai o reto do mes de decembro. Pincha aquí para resolvelo.
A finais de mes publicaremos os resultados da recollida do primeiro trimestre.
saudos
RETO Nº2: NOVEMBRO
Este ano imos un pouco a destempo...pero aquí está o reto de novembro para que te entreteñas buscando. Pincha aquí para resolvelo.
miércoles, 16 de noviembre de 2016
RETO Nº 1-OUTUBRO
aquí vos deixo a do mes de outubro para que vos entretades.
lunes, 14 de noviembre de 2016
SUXESTIÓNS DE LECTURA: PAGUS
Atopamos en Cultura Galega unha interesante nova relativa á posibilidade de descargar o libro Pagus. Galicia, un país de paisaxes na web do Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Preme aquí se desexas descargalo.
jueves, 29 de septiembre de 2016
A POLA CUARTA CAMPAÑA CONSECUTIVA
Cuarto ano desta campaña oficial de recollida de refugallos no centro...e esperamos que sexa de proveito como as anteriores.
Arrancamos o luns 3 de outubro. Quedan por diante 8 meses para seguir coa dinámica de reciclaxe que a maioría dos integrantes da comunidade educativa do colexio está a facer súa.
Animámosvos a todos a participar para seguir consolidando esta campaña.
Imos aló
lunes, 27 de junio de 2016
Amar a natureza
Estabamos un día reflexionando sobre as características dos textos publicitarios nas clases de 2º de ESO cando se nos ocorreu deseñar unha pequeniña campaña publicitaria sobre o coidado da natureza e a reciclaxe. A clase dividiuse en grupos que buscaron un lema e elaboraron unha pequena ilustración para o seu cartel.
Chegou o terceiro trimestre e decatámonos que Manuel María, o escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, escribira moitos poemas acaídos para estes carteis e este o resultado.
domingo, 26 de junio de 2016
traballo reciclaxe 4º tecnoloxía
Os alumnado de 4ºESO tamén quere contribuir a esta campaña con unha achega relacionada coa reciclaxe
http://www.edu.xunta.es/centros/cpisansadurnino/aulavirtual/file.php/371/Traballo_reciclaxe.pdf
http://www.edu.xunta.es/centros/cpisansadurnino/aulavirtual/file.php/371/Traballo_reciclaxe.pdf
jueves, 23 de junio de 2016
Premio para os gañadores da campaña na ESO
O martes 21 celebramos cos alumnos/as de 1ºB e 2ºB de ESO o seu premio ás mellores clases de ESO dentro da campaña de reciclaxe. Os de 1ºB responderon todos os retos e moi ben ademáis. Os de 2ºB conseguiron unha cantidade de tapóns incrible.
Foi unha xornada moi bonita na que partindo do miradoiro de Marraxón, baixamos á fervenza do Belelle, para subir finalmente ao miradoiro de Viladonelle. Pasamos por sitios preciosos e como colofón o bus trasladounos ao área recreativa da Cobeluda onde nos refrescamos da intensa calor, nas "xélidas" augas da piscina natural e comemos un churrasco e un polbo á feira rico rico.
Os nosos parabéns para todos eles e animámosvos a seguir así
martes, 21 de junio de 2016
TRABALLOS DE RECICLAXE
Os alumnos e alumnas de 2º da ESO, nas clases de Ciencias da Natureza, fixeron traballos sobre a reciclaxe de diferentes materiais. Aquí tedes algúns dos traballos.
lunes, 6 de junio de 2016
RESULTADOS GLOBAIS DA CAMPAÑA
En vista dos datos enviados polas clases participantes podemos resumir os resultados globais nas seguintes táboas.
Todos os cursos de infantil fixérono estupendamente.
Na etapa de primaria unha boa "loita" entre 1º, 2ºB e 6º...e finalmente, se hai que dar un gañador deste año, a balanza inclinouse do lado de 6º PRIM.
Na ESO temos dous gañadores "ex aequo" 1ºB por recoller unha boa cantidade de material pero sobre todo por ser a única clase que contestou e ben a todos e cada un dos retos propostos ao longo do ano. E despois 2ºB polo seu extraordinario volume de tapóns recollidos.
Son as dúas clases que compartirán o premio da campaña en secundaria que consistirá nunha xornada lúdico-festiva pola contorna, o día 21 de xuño. Se a meteoroloxía nolo permite subiremos ao alto de marraxón para gozar dunha panorámica extraordinaria da ria de Ferrol, baixaremos ata a fervenza do Belelle, un salto de auga espectacular que temos pola zona e finalmente chegaremos ao área recreativa da cobeluda para pasar un rato na piscina natural e xantar todos xuntos para despedir o curso.
EN TOTAL CONTABILIZAMOS 440,25 KG DE TAPÓNS, 53 KG DE PILAS, 79 CARTUCHOS E 40 CLAKIS
Non obstante as cantidades reais foron moi superiores porque houbo achegas importantes que non pasaron polas clases.
Estimamos que sobrepasamos a tonelada de tapóns recollidos, os 100 kg de pilas e os 100 cartuchos.
En canto a aceite entregamos á empresa colaboradora, ao longo deste ano 170kg e algún máis que ainda queda por entregar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








