logo sustentas

logo sustentas

domingo, 31 de diciembre de 2017

EMPEZAMOS COS RETOS

Algo que temos moi abandonado eran os retos de investigación. Deixamos o primeiro que podemos pensar que abarca todo o primeiro trimestre do curso. Xa sabedes, a espremer ben o cerebro para resolvelo botando man dos recursos da web.
Preme aquí para visualizalo.


RESULTADOS PRIMEIRO TRIMESTRE

Agora xa rematado o trimestre podemos ver que en secundaria o traballo de recollida de datos de pesada estase a descuidar un pouco porque aínda non enviaron resultados. Pola contra, en infantil e primaria houbo unha serie de aulas que se tomaron moi en serio a recollida e están a levar a cabo un control sistemático mensual que se reflicte nos resultados que vos paso a amosar. Atención a 1º B e 4ºB que parecen tomar distancia.


TRABALLO DE 2º PRIM-A CON MATERIAL DE RECICLAXE

Tamén Laura Cabarcos traballou durante este trimestre cos seus alumnos a alumnas de 2º prim-A diversos aspectos do currículo que relacionou coa reciclaxe. Aquí vos deixo testemuña gráfica.







O NADAL E A RECICLAXE

Despois chegou o Nadal e María volveu a traballar cos mesmos rapaces motivos propios destas festas. O resultado foi igual de positivo.






HALLOWEEN E A RECICLAXE

Cronolóxicamente, alá polo mes de novembro María Sánchez botou man da reciclaxe para fabricar co alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria diversos obxectos característicos do Samaín. Mirade que ben lle quedaron.








CAMPAÑA RECICLAXE 2017-2018

Como puidestes comprobar este inicio de curso 2017-18 non houbo moita actividade no blog. Por razóns profesionais tiven que reducir o ritmo de publicacións...
Non obstante NON ABANDONAMOS EH¡¡¡¡
Espero que a partir de agora a situación se vaia normalizando.
Así que imos empezar polo principio...co cartaz do inicio da campaña...aínda que sexa con 3 meses de retraso, ja ja.